- Segundo un estudo realizado polo Instituto Catchment, o 82,9% dos enquisados declara dispoñer dun espazo na súa casa para depositar os envases do cubo amarelo
- Así mesmo, o informe desvela que os fogares españois contan cunha media de tres cubos ou bolsas (máis concretamente, 3,2), nos que separar os residuos e darlles unha segunda vida
- Tendo en conta a unidade familiar, as formadas por cinco ou máis membros son as máis comprometidas coa reciclaxe (86,7%)
Cerceda, a 22 de xullo de 2022.- Segundo o estudo “Hábitos da Poboación Española ante a reciclaxe”, realizado polo Instituto Catchment para Ecoembes, o 82,9% dos enquisados declara dispoñer dun espazo na súa casa para depositar os envases do cubo amarelo (envases de plástico, latas e briks).
Os fogares españois contan actualmente cunha media de tres cubos ou bolsas (máis concretamente, 3,2), nos que separar os residuos e darlles unha segunda vida a través da reciclaxe.
Atendendo a razóns sociolóxicas, o informe reflicte que a separación de residuos é un hábito moi estendido en todas as franxas de idade, con diferenzas en función da comunidade autónoma. Con todo, o exemplo en materia de reciclaxe danno os adultos maiores de 55 anos (84,9%), demostrando que levan anos poñendo en práctica este xesto. Séguenlles os adultos de entre 35 e 54 anos (82,5%) e os mozos de 16 a 24 anos (81,9%). Á cola, aínda que cunha maioría recicladora, atópase a franxa de cidadáns de 26 a 34 anos, cun 78,1% de recicladores habituais.
O grupo social máis sensibilizado coa separación de residuos domésticos son os solteiros (83,9%), posicionándose moi de preto destes os casados (83,2%) e os viúvos (83,1%). Así mesmo, e tendo en conta a unidade familiar, as formadas por cinco ou máis membros son as máis comprometidas coa reciclaxe (86,7% fronte ao 82,9% de media).
Respecto do xénero, as mulleres atópanse uns puntos por riba dos homes. En concreto, o 84,7% das mulleres españolas asegura ter nos seus fogares máis dun espazo para separar e tirar os residuos, e un deles destinado ao contedor amarelo. Unha cifra que, no caso dos homes, sitúase no 81%.
En relación ao grao de coñecemento sobre os residuos que deben depositarse en cada un dos contedores de recollida selectiva, o 90% dos enquisados di ter claro os do contedor azul. No caso do amarelo, e aínda que asocian a este contedor as botellas de plástico, as terrinas, as latas e os envoltorios de plástico, hai outros residuos que deben ser introducidos neste recipiente, coma os aerosois e as bandexas de cortiza branca, que seguen xerando dúbidas.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pexels