- O 100% dos envases recollidos foron valorizados, supoñendo un aforro en todo o proceso de xestión de máis de 6.400 toneladas de gases de efecto invernadoiro
Cerceda, a 3 de xullo de 2023.- O pasado ano, os agricultores españois reciclaron un 71% dos envases adheridos ao Sistema SIGFITO (fertilizantes, fitosanitarios, bioestimulantes, etc…), unha cifra récord que supón un crecemento de 9 puntos con respecto ao 62% que se rexistrou en 2021.
Ao longo de 2022 recolléronse 4.534 toneladas de envases, das cales 4.095 toneladas eran garrafas e botes de plástico ríxido, 107 toneladas eran envases de metal e 332 toneladas de papel cartón. O 100% dos envases recollidos foron valorizados, supoñendo un aforro en todo o proceso de xestión de máis de 6.400 toneladas de gases de efecto invernadoiro, o equivalente a realizar máis de 6.000 viaxes en avión de ida e volta desde Barcelona a Copenhague.
O Sistema SIGFITO, non só está comprometido coa sostibilidade, senón que tamén traballa para adecuarse á nova normativa e para que as empresas produtoras de envases cumpran coa Responsabilidade Ampliada do Produtor. Estas compañías teñen a obrigación de financiar e organizar o sistema de recollida dos seus envases e contribuír ao cumprimento dos obxectivos de reciclaxe.
Sobre SIGFITO
SIGFITO é o sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) do ámbito agrario, con preto de 5.000 puntos de recollida, onde o agricultor deposita os seus envases baleiros de insumos agrícolas e xustifica a través dun albarán o cumprimento coa normativa.
Estes puntos almacenan os residuos en condicións de seguridade ata que son transportados á planta de tratamento. O plástico ríxido e os metais son reciclados e transformados noutros materiais destinados a usos industriais, e o papel/cartón e o plástico filme valorízanse enerxeticamente.
Fonte e imaxe: Sigfito