Noticias
Os arrecifes de coral, protagonistas do Día Mundial da Vida Silvestre
- Conforman un dos ecosistemas máis valiosos do noso planeta ao albergar a maior variedade de especies dentro dos océanos.
- Os seus beneficios son múltiples e transcenden a vida submarina.
Cerceda, a 3 de marzo de 2020.- Hoxe celébrase o Día Mundial da Vida Silvestre, concibíndose como unha excelente oportunidade para apreciar todo o que nos ofrece a biodiversidade. Os protagonistas deste ano son os arrecifes de coral, un dos ecosistemas máis valiosos do noso planeta, toda vez que alberga a maior variedade de especies dentro dos océanos. Os seus beneficios son múltiples e transcenden a vida submarina.
Pero,de que forma estamos conectados cos arrecifes de coral?
- Alimentos. A principal fonte de sustento para ao redor de 500 millóns de persoas en todo o mundo reside nos peixes que viven nos arrecifes de coral. Estes ecosistemas manteñen a máis de 4.000 especies de peces.
- Medios de vida. Son un importante atractivo turístico. Millóns de mergulladores visítannos cada ano para admirar a súa beleza e moitos máis viaxeiros gozan das praias que protexen estas barreiras naturais.
- Protección. Actúan como escudos naturais contra tormentas e ondas que poden erosionar as costas, danar propiedades ou ameazar vidas. Isto é posible grazas ás súas formas complexas e as "paredes" subacuáticas que constrúen.
- Medicina. Estanse a desenvolver novos medicamentos e suplementos nutricionais a partir de compostos químicos que se atopan en moitas especies.
- Cultura. Os arrecifes teñen un valor incalculable. Ademais de proporcionarnos recursos e servizos valiosos para o benestar humano e a economía, estes ecosistemas son representacións deslumbrantes da complexidade e beleza da vida no noso planeta.
- Filtración de auga. Axudan a limpar as augas costeiras. Moitos corais e esponxas son organismos filtradores, o que significa que consumen partículas contaminantes que non se disolven na auga e evitan que estes materiais se depositen no fondo do océano.
- Praias. A area nas praias prodúcese pola desintegración das cunchas de mar e os arrecifes de coral teñen un rol importante neste proceso. De feito, gran parte da area de moitas praias está composta por esqueletos de coral.
Os arrecifes de coral son únicos entre todos os ecosistemas da Terra. Non só sustentan unha abundancia de vida vexetal e animal, senón que tamén nos proporcionan recursos incalculables e melloran a nosa calidade de vida.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay