- Os estudos levados a cabo por Ecovidrio revelan que o estado de alarma non impactou nos hábitos de reciclaxe, xa que o 75% da poboación segue depositando os envases de vidro no iglú verde alomenos unha vez por semana.
- Non obstante, prevese que nos próximos meses se produzan lóxicos descensos nas cantidades recollidas debido á pechadura temporal da hostalería e restauración, toda vez que esta canle é a responsable do 52% dos residuos dos envases de vidro que se poñen no mercado.
- Ecovidrio conta cun Plan Estratéxico e, en colaboración coas administracións públicas, seguirá traballando para elevar a taxa de reciclado de residuos de envases de vidro ata o 85% en 2025 para toda España, 15 puntos máis do que esixirá Europa.
Cerceda, a 12 de maio de 2020.- Malia o estado de alarma, e grazas ao esforzo de todos os axentes implicados na cadea de reciclado, no primeiro trimestre de 2020 rexistrouse un crecemento acumulado da recollida selectiva de envases de vidro de case un case un 6% con respecto ao ano anterior, marcando un récord histórico.
No entanto, prevese que nos próximos meses se produzan lóxicos descensos das cantidades recollidas debido, entre outros factores, á pechadura temporal de bares e restaurantes, así como ao freo do turismo e a disminución do consumo fóra do fogar en celebracións, feiras ou festas populares. Neste sentido, cabe recordar que a canle da hostalería e restauración é a responsable do 52% dos residuos dos envases de vidro que se poñen no mercado.
Ecovidrio prevé que a taxa de reciclado permaneza estable e nos bos niveis de anos anteriores, onde máis de 7 de cada 10 envases se reciclan en España. Os estudos levados a cabo pola entidade revelan que o estado de alarma non impactou nos hábitos de reciclaxe dos cidadáns, xa que o 75% da poboación continúa a depositar os envases de vidro no iglú verde alomenos unha vez por semana. Así mesmo, case un 30% dos cidadáns consome máis envases de vidro agora que antes da crise do COVID-19.
Ecovidrio conta cun Plan Estratéxico e, en colaboración coas administracións públicas, seguirá traballando en campañas de concienciación cidadá, reforzo na contenerización e apoio á hostalería, para elevar a taxa de reciclado de residuos de envases de vidro ata o 85% en 2025 para toda España, 15 puntos máis do que esixirá Europa.
É por isto que a entidade quixo seguir promovendo a reciclaxe de envases de vidro durante o período de confinamiento a través de iniciativas como a web “Es Tiempo de reciclarse” que ofrece un amplo catálogo de entretemento familiar para aprender sobre medio ambiente e reciclaxe, ou a campaña “Hoy yo reciclo por todos” #hoyyorecicloportodos para axudar a todas aquelas persoas que, pola súa idade ou por algún impedimento físico, non poidan baixar á rúa a depositar os seus envases de vidro e calquera veciño poida facelo por eles.
RECICLAMOS UN 30% MÁIS QUE FAI CINCO ANOS
2019 pechou cun incremento do 6,6% na recollida selectiva a través do iglú verde respecto do ano anterior. Isto quere dicir que os españois reciclamos un 30% máis que fai cinco anos. O pasado ano logrouse:
- Evitar a emisión de 556.061 toneladas de CO2 equivalente, unha cantidade equiparable a retirar 260.000 coches da circulación ou percorrer en avión máis de 100.000 veces a distancia entre España e Australia.
- Evitar a extracción de 1.150.470 toneladas de materias primas (areas, sosa, caliza), un peso equivalente a máis de 3 veces o Empire State Building e que ocuparían 58 veces o volume da xiralda de Sevilla.
- Aforrar 684.721 Mwh de enerxía equivalente ao consumo enerxético de todos os hospitais de España durante dous meses.
Fonte e imaxe: Ecovidrio