- Así se recolle nos últimos datos de Eurostat, que sitúan a España por riba da media europea, cunha taxa de reciclado do 52%.
- Entre 2009 e 2019, o volume de reciclaxe de residuos deste tipo de envases aumentou un 50%.
Cerceda, a 29 de outubro de 2021.- Segundo os últimos datos de Eurostat, cada cidadán da Unión Europea (UE) xerou 34,4 kg de residuos de envases de plástico en 2019, dos cales se reciclaron 14,1 kg, estimando unha taxa media de reciclado do 41%.
Entre 2009 e 2019, o volume de residuos de envases de plástico xerados por habitante aumentou un 24% (+6,7 kg) e o volume de reciclado dos mesmos tamén aumentou considerablemente no mesmo período, chegando ao 50% (+4,7 kg).
Nove Estados membros da UE reciclaron máis da metade dos residuos de envases de plástico xerados en 2019. É o caso de Lituania (70%), Chequia (61%), Países Baixos (57%), Suecia e Eslovaquia (ambos os 53%), España (52%), Chipre (51%) e Eslovenia (50%), entre outros.
Pola contra, recicláronse menos dun terzo en Malta (11%, datos de 2018), Irlanda (28%), Polonia (32%) e Hungría (33%), entre outros.
En 2019, o total de residuos de envases xerados estimouse en 177,4 kg por habitante na UE. O papel/cartón (40,6%), plástico (19,4%), vidro (19,2%), madeira (15,6%) e metal (5,0%) son as tipoloxías de residuos de envases máis comúns na UE.
Fonte: Residuos Profesional