- Para nove de cada dez enquisados, as catro características que mellor definen a bolsa de papel son que coida o medio ambiente, é biodegradable, ecolóxica e renovable.
- A aposta dos comercios españois por un bioproduto como a bolsa de papel supón anualmente 84.500 toneladas menos de CO2 na atmosfera.
Cerceda, a 20 de decembro de 2019.- As temáticas medioambientais cobran peso entre a poboación española. O 85% dos enquisados por LinQ para labolsadepapel maniféstase preocupado polo medio ambiente e o 71% afirma estar personalmente implicado no seu coidado.
Neste escenario, a bolsa de papel posiciónase como favorita. Para nove de cada dez consumidores, as catro características que mellor a definen son que coida o medio ambiente, é biodegradable, ecolóxica e renovable. O 74% dos enquisaados sabe que a bolsa de papel tarda en biodegradarse moito menos que outras alternativas: de feito, biodegrádase a en só tres meses sen danar a contorna ao ser un produto natural.
A aposta dos comercios españois por un bioproduto coma este supón anualmente 84.500 toneladas menos de CO2 na atmosfera, un aforro equivalente ás emisións anuais de calefacción e auga quente de 50.000 fogares, segundo datos dos fabricantes asociados a labolsadepapel
Actualmente no noso país o 85% das bolsas de papel que se utilizan recíclanse.
Os consumidores consideran que a bolsa de papel dá aos comercios en xeral unha imaxe significativamente mellor, que puntúan cun 5,5 sobre 7. E, en consecuencia, 2 de cada 3 consumidores recomendarían que os comercios entregasen bolsas de papel.
En canto aos supermercados en particular, o 88% da clientela quere poder elixir entre bolsa de papel e bolsa de plástico. E non se trata só de poder elixir, senón dunha clara opción a favor da bolsa de papel. Ao mesmo prezo, o 70% dos cidadáns elixiría no supermercado bolsas de papel para as súas compras. E ata 2 de cada 10 afirman que estarían dispostos a pagar máis pola bolsa de papel.
As características da bolsa ideal para o consumidor son que sexa forte e resistente, reutilizable, reciclable, axeitada ao que se compra, sostible, biodegradable e renovable.
Fonte: IDE
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación