- O informe “Circular economy for a sustainable future: How organizations can empower consumers and transition to a circular economy” do Instituto de Investigación Capgemini asegura que se están cambiando os hábitos de consumo cara a produtos duradeiros, reparables, reciclados e reciclables
- Case o 50% dos consumidores cre que as organizacións non están a facer o suficiente para reducir, reutilizar e reciclar os residuos en todos os sectores, e a 67% agarda que as empresas sexan responsables cando anuncian produtos e non fomenten o consumo excesivo
Cerceda, a 28 de decembro de 2021.- Ou as empresas adoptan modelos de economía circular e reducen o risco futuro da cadea de subministración ou non contarán coa aprobación dos consumidores. Esta é a principal conclusión do informe “Circular economy for a sustainable future: How organizations can empower consumers and transition to a circular economy” do Instituto de Investigación Capgemini.
Os consumidores inclínanse agora polas compañías que adoptan prácticas circulares, esixindo ás empresas que sexan responsables. O informe referenciado recolle que máis de sete de cada dez consumidores queren adoptar prácticas circulares tales como a redución do consumo global (54%), a compra de produtos máis duradeiros (72%), e o mantemento e a reparación dos mesmos para aumentar a súa vida útil (70%).
Case o 50% dos consumidores cre que as organizacións non están a facer o suficiente para reducir, reutilizar e reciclar os residuos en todos os sectores, e o 67% agarda que as empresas sexan responsables cando anuncian produtos e non fomenten o consumo excesivo.
Hai máis concienciación e preocupación dos cidadáns polos problemas vinculados aos residuos e ao esgotamento dos recursos. Tres de cada cinco (60%) citan a falta de información suficiente na etiquetaxe dos produtos (sobre a orixe, a reciclabilidade, o contido reciclado, etc.) como razón para non emprender accións circulares positivas. Outro 55% di que o gasto é unha barreira para reutilizar os produtos, aínda que máis da metade (53%) declara que non quere adquirir dito compromiso. Este é un resultado derivado do auxe do comercio electrónico dos últimos 10 anos, que impulsou o desexo e as expectativas polas oportunidades de baixo custo a través dos principais minoristas, que ofrecen servizos de entrega ao día seguinte ou o mesmo día.
Aínda que existen esforzos normativos, como a iniciativa da UE sobre o "dereito á reparación" para prolongar a vida útil dos produtos, Capgemini considera que as empresas tamén deben tomar partido e establecer os seus propios mecanismos.
Actualmente, os enfoques circulares dos consumidores céntranse principalmente na fase posterior ao uso. Por exemplo, o 58% di que separa e elimina os residuos dos alimentos despois do seu uso, pero só o 41% de recoñece que compra alimentos que utilizan unha embalaxe mínima.
ALTA CONCIENCIACIÓN EN ESPAÑA
O informe revela que hai un alto grao de concienciación no noso país. Por exemplo, o 88% dos españois é consciente de todos os alimentos que se desperdician cada ano, mentres que a media mundial é do 79%; o 63% sabe que case o 85% dos téxtiles acaban en vertedoiro cada ano fronte ao 51% da media global). Con todo, máis de catro de cada dez (45%) non son conscientes do impacto ambiental das súas eleccións de consumo, xa sexa na compra, utilización ou refugallo de produtos.
O 48% quere adquirir produtos reciclables ou fabricados con materiais reciclados e o 52% declara comprar en exclusiva a marcas que se centran en prácticas circulares e sostibles, especialmente cando se trata de produtos de coidado persoal e hixiene.
Fonte: Xestores de Residuos
Imaxe: Pexels