- Precisan un tratamento especial que só proporciona SIGRE, xa que poden conter trazas e restos do produto
Cerceda, a 24 de maio de 2024.- Se ben o 77% dos fogares en España xa deposita os seus residuos nos Puntos SIGRE das farmacias, só o 36% afirma levar tamén os envases baleiros e os prospectos. É por isto que SIGRE incide na importancia de que as caixas de cartón e envases de medicamentos de todo tipo, teñan aínda restos de medicamento ou estean baleiros, non se tiren noutro contedor que non sexa algún dos máis de 22.100 Puntos SIGRE repartidos por toda a xeografía española. A razón é que calquera envase de medicamento precisa dun tratamento especial que só pode ofrecer SIGRE, xa que pode conter trazas e restos do produto.
Os envases e os restos de medicamentos son recollidos pola distribución farmacéutica, mediante un sistema de loxística inversa, para ser posteriormente transportados á Planta de Clasificación de Envases e Residuos de Medicamentos situada en Tudela de Duero (Valladolid). Nesta planta, os residuos sométense a diversos tratamentos a fin de separar os materiais dos envases dos medicamentos (cartón, vidro, plásticos, aluminio etc.) para poder ser reciclados posteriormente. Case o 70% destes envases son reciclados. Os restos de medicamentos e envases non reciclables son empregados como fonte de enerxía, aproveitando o seu poder calorífico, reducindo así o consumo de combustibles fósiles.
Fonte e imaxe: SIGRE