- Segundo un estudo internacional no que participaron investigadores do CSIC, e cuxo resultados foron publicados en Science, absorberon o 31% do CO2 antropoxénico emitido durante máis dunha década.
- Os océanos funcionan como un gran sumidoiro de CO2, e determinar que parte do CO2 xerado polo home é absorbida polos mesmos constituíu unha prioridade para os investigadores do clima.
- Moderando o ritmo de quecemento global, o sumidoiro oceánico de CO2 dispensa un importante servizo á humanidade. Agora ben, ten a súa contrapartida, xa que o CO2 disolto no océano acidifica a auga , circunstancia que carrexa graves consecuencias para moitos organismos mariños.
Cerceda, a 11 de abril de 2019.- Entre 1994 e 2007, os océanos capturaron da atmosfera 34 xigatoneladas (miles de millóns de toneladas métricas) de dióxido de carbono xerado polo home entre 1994 e 2007. Así o determinou un estudo internacional liderado polo profesor Nicolas Gruber e no que participaron científicos de 7 países, entre os que se atopan investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), téndose publicado os seus resultados en Science. Esta cifra corresponde co 31% de todo o CO2 antropoxénico emitido durante ese período de 13 anos.
As conclusións do traballo baséanse nun estudo global do CO2 e outras propiedades químicas e físicas nos diversos océanos, medidas desde a superficie ata profundidades de 6 quilómetros, téndose efectuado máis de medio cento de singraduras de investigación ata 2013.
Tal e como sinala un dos investigadores, os océanos funcionan como un gran sumidoiro de CO2, que, por outra banda, resulta esencial para os niveis atmosféricos deste gas, xa que, sen o mesmo , a concentración de CO2 na atmosfera, e o alcance do cambio climático antropoxénico, sería moito maior. Neste marco, determinar que parte do CO2 xerado polo home é absorbida polo océano constituíu unha prioridade para os investigadores do clima.
A cantidade total de CO2 capturada polos océanos aumentou de forma considerable xa que, canto máis CO2 hai na atmosfera, máis é absorbido polos océanos. De momento non se chegou ao punto de saturación. Nicolas Gruber explica que, ao longo do período examinado, o océano, de forma global, continuou capturando CO2 antropoxénico nunha proporción acorde e coherente co aumento do CO2 atmosférico.
Resulta evidente que, moderando o ritmo de quecemento global, o sumidoiro oceánico de CO2 dispensa un importante servizo á humanidade. Agora ben, ten a súa contrapartida, xa que, disolto no océano acidifica a auga, circunstancia que trae consigo graves consecuencias para moitos organismos mariños.
Fonte: CSIC
Saúdos, Departamento de Comunicación