- As enerxías renovables, a reciclaxe, a xestión de residuos e a economía circular son os subsectores que ofrecen maiores oportunidades
- O emprego vinculado á reciclaxe crece por riba do 30% e, o relacionado coa xestión de residuos, increméntase nun 73%.
Cerceda, a 3 de xullo de 2023.- O emprego constitúe un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 2030 (nº8: Traballo decente e crecemento económico) articulados pola ONU para garantir o futuro do Planeta.
Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), a economía verde e a economía azul, non só axudarán a cumprir algúns ODS clave —como a innovación na industria ou a produción e o consumo responsable—, senón que poderían crear, de aquí a 2030, ata 8,4 millóns de postos de traballo adicionais. Así se desprende do informe Tendencias Mundiais do Emprego Xuvenil 2022, elaborado pola devandita entidade.
InfoJobs, a plataforma de emprego líder en España, analizou o comportamento dos empregos vinculados á sostibilidade, concluíndo que as ofertas laborais dixitais neste campo creceron un 55% entre maio de 2022 e abril de 2023, en comparación co mesmo período do ano anterior.
Por categorías, enxeñaría aglutina un 31% do total de ofertas, sendo a de maior peso. Séguenlle produción e industria (12%), comercial e vendas (12%), educación (7%), IT (6%), construción e inmobiliaria (6%) e atención ao cliente (4%).
Renovables, reciclaxe, xestión de residuos e economía circular, os máis destacados
O subsector das enerxías renovables rexistra un crecemento do 43% e é un dos que máis ofertas de traballo concentra, destacando, por exemplo, perfís tales coma o de instalador/a fotovoltaico/a, asesor/a comercial de enerxía renovable ou técnico/a de mantemento eólico.
A reciclaxe crece por riba do 30%, con postos tales como o de promotor/a para campaña de reciclaxe, operario/a de reciclaxe ou de planta de reciclaxe, e os empregos relacionados coa xestión de residuos en xeral, nun 73% (como técnico/a de xestión de residuos, operario/a de xestión de residuos e técnico/a comercial de xestión de residuos).
Finalmente, a economía circular rexistra unha subida do 78% entre maio de 2022 e abril de 2023, en comparación co período anterior. Neste ámbito sobresaen postos como o de consultor/a de economía circular, responsable de economía circular ou xestor/a de proxecto de economía circular.
Arquitectura e construción, smart cities e xestión da auga, en ascenso
Ademais das áreas xa referenciadas, aparecen outras como arquitectura e construción, que crece un 52,5% e oferta postos como o de arquitecto/a ou enxeñeiro/a en consultoría e xestión de proxectos BREEAM / LEDE, asesor/a de edificación sostible BREEAM ou técnico/a de edificación sostible; ou a xestión da auga.
Tamén destaca o auxe de todo o asociado a cidades, fogares e mobilidade intelixente (smart home/smart city/smart mobility), sectores onde as ofertas de traballo crecen un 21%, podendo mencionar outras categorías emerxentes tales como as smart factories (xestor/a de mercado en industria intelixente), a avogacía (avogado/a especializado/a en sostibilidade), o transporte (enxeñeiro/a i+i de transporte intelixente) ou o ecodeseño (enxeñeiro/a de ecodiseño).
Os postos máis relacionados coa sostibilidade ambiental creceron un 55%, con profesións tales como educador/a ambiental, técnico/a ambiental, informador/a ambiental, técnico/a ou consultor/a de sostibilidade.
Fonte: Compromiso RSE