- Baixo a denominación Net100-Net+Positiva, contou coa participación da firma Satlink, unha empresa tecnolóxica española que aportou o seu coñecemento, bagaxe e experiencia en solucións baseadas nas comunicacións vía satélite.
- Ata xuño do ano pasado, e seis meses antes do estimado, esta iniciativa logrou recoller 100 toneladas de redes de pesca ao longo da costa de Chile, xestionándoas de forma sostible mediante a súa reciclaxe e transformación en novos artigos tales como táboas de skate, lentes de sol ou cadeiras de oficina.
Cerceda, a 11 de setembro de 2019.- Un proxecto de reciclaxe de redes de pesca á deriva para a súa conversión en novos produtos foi galardoado na sexta edición dos Premios Latinoamérica Verde, celebrada o pasado mes de agosto en Guayaquil, recoñecendo a aquelas iniciativas máis innovadoras para preservar o ecosistema mariño.
O proxecto, denominado Net100-Net+Positiva, contou coa participación da Satlink, unha empresa tecnolóxica española que aportou o seu coñecemento, bagaxe e experiencia en solucións baseadas nas comunicacións vía satélite, así como coas achegas da empresa de reciclaxe Bureo Inc. e a ONG World Animal Protection, no marco de Global Ghost Gear Initiative.
Ata xuño do ano pasado, e seis meses antes do estimado, este proxecto recolleu 100 toneladas de redes de pesca ao longo da costa de Chile, xestionándoas de forma sostible mediante a súa reciclaxe e transformación en novos artigos tales como táboas de skate, lentes de sol ou cadeiras de oficina.
Adicionalmente, este traballo permitiu xerar postos de traballo nas comunidades pesqueiras artesanais de Chile e reforzar a cultura pola sostibilidade na pesca na rexión.
Net100-Net+Positiva foi distinguido entre os máis de 230 proxectos presentados por un total de 19 países. Varias ONG xa solicitaron replicalo noutras zonas xeográficas.
Os premios Latinoamérica Verde contan con 10 categorías, inspiradas no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, visión 2050 do World Business Council for Sustainable Development e Rockström.
Net100-Net+Positiva, ademais de conseguir o segundo posto na categoría Océanos, tamén se fixo co sexto posto na de Residuos Sólidos, e a 19ª posición dos 500 proxectos presentados na categoría de Proxectos Sociais e Medioambientais de Latinoamérica.
Fonte: Ciencias Ambientais e Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación