- Nos últimos 5 anos creceron ata os 53 millóns de toneladas e prevese que alcancen os 74 millóns en 2030.
- O presidente da Fundación clarificou que non se trata só dos artigos en si, senón dos metais preciosos insubstituíbles cos que están fabricados e os compoñentes perigosos.
Cerceda, a 26 de febrero de 2021.- Segundo a Fundación Global da Reciclaxe, os residuos electrónicos deberían considerarse xa a maior ameaza para o noso planeta. De feito, Nacións Unidas advertiu de que os 53 millóns de toneladas que se xeran cada ano duplicaranse de aquí a 2050, converténdose no fluxo de refugallos de máis rápido crecemento no mundo.
O presidente da Fundación Global de Reciclaxe, Ranjit Baxi, alerta ao respecto de que «poida que xa sexa demasiado tarde para frear a marea de millóns de teléfonos intelixentes refugados e outros residuos electrónicos, desde frigoríficos e televisores ata microondas e monitores de PC», ao que engadiu que «Non se trata só dos artigos en si, senón dos metais preciosos insubstituíbles cos que están fabricados e os compoñentes perigosos, como as baterías de ións de litio, o cadmio, o chumbo e o mercurio, os produtos químicos ignífugos e o ácido corrosivo que se utilizan na súa fabricación”. Son moitos residuos tóxicos que deben tratarse profesionalmente.
Nos últimos 5 anos, os residuos electrónicos creceron ata os 53 millóns de toneladas e prevese que alcancen os 74 millóns en 2030. A nivel global só reciclan uns 10 millóns de toneladas anuais e moitos metais preciosos, valorados en máis de 55.000 millóns de dólares, non se recuperan.
A Fundación Global da Reciclaxe pediu apoio lexislativo e investimentos para incentivar a creación de novas e necesarias plantas de reciclaxe de residuos electrónicos en todo o mundo.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels