- Así se recolle nun estudo poboacional realizado por SIGRE, onde tamén se sinala que en 9 de cada 10 fogares españois recíclanse medicamentos, destacando este hábito entre o colectivo de nais con fillos pequenos (94%) e os maiores de 40 anos (92%).
- Durante 2020, cada cidadán depositou 92 gramos de envases baleiros ou con restos de medicamentos nos Puntos SIGRE da farmacia.
- O 94% dos farmacéuticos considera que a colaboración das farmacias con SIGRE contribúe a loitar contra o cambio climático.
Cerceda, a 14 de maio de 2021.- Segundo un estudo poboacional realizado por SIGRE, o 91% dos españois asegura que a pandemia non influíu nos seus hábitos de reciclado de restos de medicamentos e envases no Punto SIGRE.
A sondaxe sinala que en 9 de cada 10 fogares españois recíclanse medicamentos, destacando especialmente este hábito entre o colectivo de nais con fillos pequenos (94%) e os maiores de 40 anos (92%).
Ademais, 9 de cada 10 cidadáns sabe que o contedor para a reciclaxe dos medicamentos atópase nas farmacias e considera que é o lugar idóneo para a súa ubicación pola súa proximidade e facilidade de acceso.
En canto ao seu uso, o 86% deposita neste recipiente os medicamentos caducados ou que xa non sabe para que serven, cando fai a revisión do botiquín doméstico, e o 68% ao finalizar un tratamento se sobra parte da medicación.
No seu informe anual de actividade correspondente ao ano 2020, SIGRE alude a unha recollida media de 92 gramos por habitante de envases baleiros ou con restos de medicamentos, alcanzándose un 57% de reciclaxe dos materiais de envases recuperados debido á crecente automatización na xestión dos residuos.
Así mesmo, rexistrouse un aumento do 24% no número de envases baleiros depositados nos Puntos SIGRE da farmacia, o que evidencia un alto grao de concienciación cidadá sobre como deben recuperarse os medicamentos e os seus envases.
OS FARMACÉUTICOS, FIGURA CLAVE
O 87% dos españois cualifica o labor dos farmacéuticos como positiva ou moi positiva, non só polo servizo sanitario que prestan, senón tamén pola confianza que merecen.
O 94% dos farmacéuticos considera que a colaboración das farmacias con SIGRE contribúe a loitar contra o cambio climático.
ECODESEÑO PARA REDUCIR O IMPACTO AMBIENTAL
SIGRE, a través da coordinación dos Plans Empresariais de Prevención de envases (PEP), ten como obxectivo minimizar o impacto ambiental dos envases de medicamentos que a industria farmacéutica pon no mercado e que estes sexan cada vez máis ecolóxicos e sostibles.
Así, en 2020 finalizou o Plan Empresarial de Prevención de Envases (PEP) 2018-2020, coa participación de 94 laboratorios, que aplicaron 441 medidas de ecodiseño nos seus envases. Con isto permitiuse reducir o peso dos envases de medicamentos comercializados no noso país en máis dun 1,33% e aforrar preto de 600 toneladas de materias primas utilizadas na súa produción, envasado, transporte, conservación e reciclado.
Fonte e imaxe: SIGRE