- Así se recolle nun informe de ECOS, organización que avoga polo desenvolvemento de estándares ambientais para os produtos de consumo
- Entre 2000 e 2015, a produción de roupa no mundo duplicouse e, só na UE, os fogares gastan cada ano 527.900 millóns de euros en roupa e produtos téxtiles
- Os estudos realizados sinalan que, se usásemos a nosa roupa durante unha media de 9 meses máis, as pegadas globais reduciríanse entre un 20 e un 30%
Cerceda, a 1 de marzo de 2022.- A moda rápida levou a que, tan só nun período de 15 anos (entre 2000 e 2015), a cantidade de roupa producida no mundo se tivera duplicado. Só na UE, os fogares gastan cada ano 527.900 millóns de euros en produtos téxtiles. Se a roupa durase máis e fose máis fácil reparala e reutilizala, o impacto ambiental do sector téxtil reduciríase drasticamente. Así, os estudos realizados sinalan que, se usásemos a nosa roupa durante unha media de 9 meses máis, as pegadas globais reduciríanse entre un 20 e un 30%.
Os expertos aseguran que isto é posible e podería facerse a través da experiencia doutros sectores na aplicación do deseño ecolóxico. Grazas ás normas de ecodeseño, electrodomésticos como os televisores ou as lavadoras cumpren xa uns requisitos mínimos. Calcúlase que estas normas suporán un aforro enerxético de aproximadamente 230 Mtep (millóns de toneladas equivalentes de petróleo) de aquí a 2030, o que supón un verdadeiro éxito para a UE, que podería trasladarse a outros sectores prioritarios, como o téxtil.
REQUISITOS MÍNIMOS OBRIGATORIOS
Dado que o 80% dos impactos ambientais dos produtos determínanse na fase de deseño, os requisitos mínimos obrigatorios de deseño ecolóxico para os téxtiles, apoiados por normas técnicas sólidas, serían un paso esencial para iniciar a transformación do sector téxtil cara á circularidade.
Para que sexa eficaz, a UE debería permitir no mercado unicamente os produtos que cumpran determinados criterios, centrándose na mellora da eficiencia dos materiais, a prevención da presenza de substancias químicas perigosas e a limitación das emisións de microplásticos.
Un novo informe de ECOS, organización que avoga polo desenvolvemento de estándares ambientais para os produtos de consumo, insta á Comisión Europea a que aplique os principios do deseño ecolóxico aos produtos téxtiles, seguindo o modelo dos aparellos eléctricos e electrónicos.
Segundo ECOS, necesítanse requisitos obrigatorios de ecodeseño para os produtos téxtiles, a fin de abordar a vida útil e a durabilidade mínimas, a reutilización, a posibilidade de reparación, a reciclabilidade, a prevención da presenza de substancias químicas perigosas e a limitación da liberación de microplásticos en todas as etapas. Tamén deberían axudar a mellorar a información comunicada ao longo da cadea de valor.
Para isto, fan falta ferramentas lexislativas ambiciosas, baseadas en metodoloxías completas e claras para garantir a mensurabilidad,e a aplicabilidade e a comparabilidade entre produtos e servizos. Estas ferramentas tamén deben abordar as compensacións entre os diferentes parámetros de sustentabilidade.
Fonte e imaxe: América Retail