- Recentemente, impartiu un relatorio en liña dirixido a estudantes que cursan o Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental.
- O obxectivo do mesmo era dar a coñecer os pormenores da actividade de Sogama na xestión sostible dos residuos urbanos, facendo especial fincapé nos labores de control e seguimento ambiental, unha das prioridades desta empresa pública.
Cerceda, a 11 de marzo de 2022.- Recentemente, o xefe de Control Técnico e Económico, Calidade e Medio Ambiente, Pedro Alcázar Arévalo, convidado pola Universidade da Coruña, impartiu un relatorio en liña dirixido a estudantes que cursan o Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental.
O obxectivo do mesmo era dar a coñecer os pormenores da actividade de Sogama na xestión sostible dos residuos urbanos producidos na meirande parte do territorio galego, os principios que guían a súa operativa, seguindo fielmente as directrices europeas, así como a infraestrutura industrial coa que conta esta empresa pública para levar a cabo o seu labor (complexo medioambiental, rede de plantas de transferencia, planta de compostaxe e vertedoiro de residuos non perigosos).
Incidiu en que a compañía prioriza a aplicación do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), aos que engade a recuperación enerxética da parte non reciclable, poñendo en valor aquela fracción de residuos que, dadas as súas características, non pode ser reciclada. Desta forma evita o seu depósito en vertedoiro, a peor das opcións dado o seu negativo impacto para o medio ambiente e a saúde.
Alcázar detallou os procedementos de control e seguimento ambiental despregados por Sogama e que permiten a esta empresa pública levar a cabo u labor respectuoso coa contorna. Proba disto é que, grazas aos potentes sistemas de depuración de gases, todasas emisións á atmosfera atópanse moi por baixo dos límites legais.
Neste sentido, cabe lembrar que as plantas de valorización enerxética están sometidas a unha estrita lexislación, moito máis esixente que a que rexe para outras infraestruturas industriais, cumprindo con todos os requisitos establecidos pola normativa vixente.
Así mesmo, describiu o traballo de coordinación e supervisión que leva a cabo desde o seu departamento en ámbitos crave como poden ser a calidade do aire, a calidade da auga e tamén os niveis de ruído.
Saúdos, Departamento de Comunicación