- O grupo, conformado por 28 dos 40 empregados desta compañía, mantivo un breve encontro con Javier Domínguez e recibiu as oportunas explicacións por parte dos técnicos de Sogama, efectuando un percorrido guiado pola infraestrutura cercedense
- TEIMAS é unha das poucas empresas de software a nivel mundial especializadas en dixitalizar a cadea de valor do residuo, impulsando desta forma a economía circular, a descarbonización e a sustentabilidade
- Un dos seus produtos estrela, Teixo, plataforma desenvolvida de forma exclusiva para empresas xestoras, axentes e negociantes de residuos, está a ser utilizada por máis de 700 centros en toda España
Cerceda, a 15 de xuño de 2022.- Un total de 28 dos 40 empregados da empresa tecnolóxica TEIMAS, con sede en Santiago de Compostela, visitaron hoxe o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) para coñecer con detalle a súa actividade e comprobar de primeira man as súas últimas innovacións, como é o caso da nova planta para a recuperación de materiais contidos no lixo en masa, que incorpora tecnoloxía 4.0.
Tras o saúdo do presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez, e antes de realizar o percorrido guiado polas distintas instalacións que conforman o Complexo industrial, recibiron as oportunas explicacións por parte de técnicos da Sociedade pública, tendo ocasión de departir sobre a xestión de residuos no noso país e perspectivas de futuro.
SOBRE TEIMAS
Con 40 profesionais no seu persoal, TEIMAS é unha das poucas empresas de software a nivel mundial especializadas en dixitalizar a cadea de valor do residuo, impulsando desta forma a economía circular, a descarbonización e a sustentabilidade, e contribuíndo a protexer os recursos, o medio ambiente e a saúde das persoas.
As solucións de software creadas por esta compañía punteira favorecen que os residuos se reintegren na cadea de produción para diminuír o consumo de novos recursos porque, tal e como aseguran, “Sen tecnoloxía, sen dixitalización é moi difícil que as empresas poidan executar os seus plans para combater o cambio climático, as súas políticas de economía circular ou ben mellorar a eficiencia dos seus procesos”.
Un dos seus produtos estrela, Teixo, plataforma desenvolvida de forma exclusiva para empresas xestoras, axentes e negociantes de residuos, está a ser utilizada por máis de 700 centros en toda España. Trátase dunha ferramenta dixital que aforra tempo cos trámites administrativos e diñeiro. “Automatizar e axilizar as xestións operativas e loxísticas permite minimizar as tarefas manuais e así evitar erros e multas, asegurando que o cliente cumpre coa normativa vixente”. Con todo, ao ser un software modulable, Teixo adáptase ás necesidades e particularidades de cada empresa xestora de residuos.
Toda a información en teimas. com
Saúdos, Departamento de Comunicación