- O Parlamento Europeo estableceu medidas máis esixentes sobre recollida de residuos, reciclaxe e recuperación de materiais
Cerceda, a 28 de xuño de 2023.- O Parlamento Europeo dou luz verde ás novas regras sobre deseño, produción e xestión de residuos para todo tipo de baterías e pilas vendidas na UE.
Os eurodiputados apoiaron o texto saído das negociacións co Consello da UE para actualizar a normativa comunitaria sobre pilas e baterías. A nova lexislación ten en conta o desenvolvemento tecnolóxico e os desafíos futuros no sector, e cobre todo o ciclo vital das baterías, desde o deseño ata o momento en que se refugan.
Principais medidas
- Unha declaración e etiqueta obrigatorias sobre a pegada de carbono para as baterías de vehículos eléctricos e medios de transporte lixeiros (como bicicletas e patinetes eléctricos), así como para as baterías industriais recargables cunha capacidade superior a 2kWh;
- Garantir que o deseño das baterías permite aos consumidores retiralas e substituílas con facilidade;
- Un pasaporte dixital para as baterías de medios de transporte lixeiros, as baterías industriais cunha capacidade superior a 2 kWh e as baterías de vehículos eléctricos;
- Política de dilixencia debida para todos os operadores do sector, excepto as pemes;
- Obxectivos estritos de recollida de residuos: para as baterías portátiles, o 45% antes do fin de 2023, o 63% en 2027 e o 73% en 2030; para as baterías de medios de transporte lixeiros, o 51% en 2028 e o 61% en 2031;
- Niveis mínimos de recuperación de materiais das pilas: litio, o 50% en 2027 e o 80% en 2031; cobalto, cobre, chumbo e níquel, o 90% en 2027 e o 95% en 2031;
- Niveis mínimos de reutilización de material do proceso de fabricación e consumo para usar en novas baterías: oito anos tras a entrada en vigor do regulamento, o 16% para cobalto, o 85% para chumbo, o 6% para litio e o 6% para níquel; 13 anos despois da entrada en vigor, o 26% para cobalto; o 85% para chumbo, o 12% para litio e o 15% para níquel.
Logo da votación final no pleno, o Consello ten agora que adoptar o texto de maneira formal, antes da súa publicación no Diario Oficial da UE e a súa subseguinte entrada en vigor.
Marco de referencia
A Comisión presentou en decembro de 2020 unha proposta de regulamento sobre baterías e pilas para impulsar a economía circular e reducir o impacto das baterias no medio ambiente. A iniciativa está vinculada ao Pacto Verde, o Plan de acción da economía circular e a nova estratexia industrial.
Ao aprobar esta lexislación, o Parlamento responde ás expectativas dos cidadáns de mellorar a seguridade enerxética europea, ofrecer infraestrutura verde e impulsar unha economía circular.
Fonte e imaxe: Parlamento Europeo