- Así reza o lema do concurso ambiental que, un ano máis, Ecomar e Ecopilas levan a cabo conxuntamente nos clubs e escolas de vela adscritos a Grímpola Ecomar 2023
- O club que máis pilas en peso recolla, será gañador de importantes premios
Cerceda, a 27 de xullo de 2023.- Ecomar e Ecopilas puxeron en marcha, un ano máis, o concurso ambiental “Ponte as Pilas e Recicla”, no que poden participar todos os clubs e escolas de vela adscritos á Grímpola Ecomar 2023.
O obxectivo deste certame é recoller durante o verán o maior número de pilas e depositalas nos contedores que a Fundación Ecopilas ten en cada club. O que máis pilas en peso recolla, será gañador de importantes premios.
Os Centros Grímpola Ecomar 2023 de España converteranse en puntos de recollida de pilas e terán a opción de facerse con distintos galardóns, ao tempo que conciencian aos seus alumnos na correcta xestión dos residuos.
O concurso deu comezo o pasado 1 de xullo e concluirá o próximo 31 de agosto. O centro que acade o primeiro posto, recibirá 50 chalecos salvavidas e unha vela; o segundo clasificado, 35 chalecos salvavidas e, o terceiro, 25 chalecos.
Fonte e imaxe: Fundación Ecomar