Noticias
Por unha Semana Santa máis Sostible, reduce a túa pegada de carbono
- Sogama proporciona unha serie de consellos para que, nestes días de descanso, a protección do medio ambiente continúe sendo unha prioridade
Cerceda, a 5 de abril de 2023.- Moitos comezan hoxe os seus días de descanso e, se o tempo acompaña, o contacto coa natureza será un dos principais atractivos para desconectar e recargar pilas.
Sexa cal sexa o teu destino, lembra que:
- Se vas viaxar, dá preferencia ao transporte público e ao vehículo compartido. Ademais de protexer a contorna, conseguirás diminuír custos.
- Se visitas unha cidade, tenta realizar percorridos camiñando. É unha forma de coñecer mellor a súa cultura, coa particularidade de que farás exercicio e minimizarás emisións.
- Opta por aloxamentos sostibles e respectuosos co medio ambiente. A oferta é cada vez maior.
- Aproveita estas minivacacións para practicar actividades ao aire libre e apreciar a riqueza que nos achega a natureza. Esta conexión propiciará que a coides e a respectes aínda máis.
- Nada ao chan. Utiliza en todo momento as papeleiras.
- Esteas onde esteas, continúa seleccionando os residuos e deposita cada fracción no contedor axeitado para facilitar o seu posterior reciclado.
- Tenta prescindir dos envases e envoltorios plásticos, e rexeita os produtos de usar e tirar. Fai da redución e a reutilización un dos principais mandamentos ambientais.
- Comer fóra de casa non significa malgastar alimentos nin diñeiro. Pide nos restaurantes unicamente as racións que vaias consumir e reclama as sobras para levar.
- Para as túas compras, opta polos produtos locais. Apoiarás ao pequeno comercio e contribuirás a diminuír o transporte.
- Facer desta semana Santa un período máis Sostible, tamén depende de ti.
Saúdos, Departamento de Comunicación