- A implicación de todas as persoas que tiveron a ben formar parte desta iniciativa, coñecidos como #HéroesLibera, permitiu limpar e liberar de basuraleza a máis de 450 puntos de gran valor ecolóxico de todas as provincias españolas e das dúas cidades autónomas.
- Mención especial cabe facer sobre a participación exemplar da súa Maxestaed a Raíña Doña Sofía, que se sumou a unha das recollidas no Embalse de Valmayor, evidenciando así, unha vez máis, o seu firme compromiso coa protección da natureza e a conservación dos espazos naturais.
Cerceda, a 17 de xuño de 2019.- Os niveis de participación falan por si sós. Preto de 13.000 voluntarios participaron activamente o pasado sábado, 15 de xuño, nas batidas de recollida de residuos enmarcadas na campaña “1m2 pola natureza”, promovida polo proxecto Libera, auspiciado á súa vez por SEO/BirdLife e Ecoembes.
A implicación de todas as persoas que tiveron a ben formar parte desta iniciativa, coñecidos como #HéroesLibera, permitiu limpar e liberar de basuraleza a máis de 450 puntos de gran valor ecolóxico de todas as provincias españolas e das dúas cidades autónomas.
A terceira edición de “1m2 pola natureza” contou tamén coa colaboración de entidades sociais tales como a Fundación Oso Pardo, Ecomar, Paisaje Limpio, ANSE ou a Red de Vigilantes Marinos, que cooperou coa creación de 30 puntos de limpeza de fondos mariños, oito máis que o ano anterior.
Así mesmo, sumáronse dúas embarcacións que colaboraron na recollida de residuos flotantes no mar: o Toftevaag, que o fixo no Mediterráneo, e o Itsas Gela, no Cantábrico.
Mención especial cabe facer sobre a participación exemplar da súa Maxestade a Raíña Doña Sofía, que se sumou a unha das recollidas no Embalse de Valmayor, evidenciando así, unha vez máis, o seu firme compromiso coa protección da natureza e a conservación dos espazos naturais.
Neste sentido, a directora executiva de SEO/BirdLife, Asunción Ruiz, manifestou que “estamos ante a maior mobilización cidadá contra a basuraleza. A resposta de cada unha das persoas que participan en 1m2 pola natureza é clara. Non queremos paisaxes con residuos, queremos espazos naturais con vida e en bo estado de conservación onde as especies que neles habitan poidan seguir facéndoo sen ameazas”.
Á súa vez, Óscar Martín, conselleiro delegado de Ecoembes, abundou no orgullo que supón ver como todos os Heroes saíron para acabar coa basuraleza que invade as contornas naturais e, grazas a cada un deles, esta campaña estase convertendo na gran cita anual que demostra que a cidadanía quere un planeta limpo.
Fonte: Ecoticias
Saúdos, Departamento de Comunicación