- Os docentes do colexio Antonio Blanco Rodríguez tamén estiveron presentes nas charlas e formularon diversas preguntas sobre o lugar de depósito dos residuos habituais xerados nas aulas
- Como curiosidade, sinalar que as sesións formativas contaron coa participación do pai dun alumno que traballa no punto limpo municipal e que explicou o seu labor, detallando os tipos de refugallos que os cidadáns deben levar a este recinto para ser entregados a xestores autorizados
Cerceda, a 16 de febreiro de 2024.- Preto de 80 escolares do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, pertencente ao municipio pontevedrés de Covelo, recibiron clases de reciclaxe a cargo de educadores de Sogama. A expectación era máxima no centro ao ser a primeira vez que recibían formación específica relacionada coa correcta xestión dos residuos e a importancia que ten a aplicación do principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).
A comunidade educativa amosouse moi interesada en separar correctamente os refugallos, tanto no centro coma nos fogares, e en saber distinguir os contedores de destino para cada tipoloxía a fin de propiciar a súa reciclaxe, conscientes dos grandes beneficios que esta reporta ao medio ambiente, xa que contribúe a aforrar materias primas e enerxía.
Os docentes formularon diversas preguntas sobre os residuos habituais xerados nas aulas tales como típex, restos de goma eva, virutas de afiar lapis, toalliñas, etc, así coma doutros moitos producidos na vida cotiá e sobre os que existe certa confusión.
Como curiosidade, sinalar que as sesións formativas contaron coa participación do pai dun alumno que traballa no punto limpo municipal e que explicou o seu labor, detallando os tipos de refugallos (voluminosos, aparatos eléctricos y electrónicos, etc) que se deben levar a este recinto para ser entregados a xestores autorizados.
As charlas estiveron amenizadas con distintos xogos, que permitiron afianzar o apreso e tamén poñer a proba os coñecementos adquiridos no transcurso das mesmas.
Saúdos, Departamento de Comunicación