- Este sentimento de optimismo compártenno italianos, gregos e croatas, os cales consideran que outras cuestións tales como o desemprego constitúen o maior problema ao que se enfrontan nos seus respectivos países.
- Pola súa banda, os europeos do norte (Dinamarca, Países Baixos, Alemaña ou Austria) perciben que o cambio climático representa a maior ameaza a día de hoxe.
- Se ben os chinos tamén entenden que é un dos maiores desafíos, móstranse optimistas sobre a capacidade de reverter a situación.
Cerceda, a 29 de novembro de 2019.- No marco da última enquisa sobre o clima promovida polo Banco Europeo de Investimentos, que inclúe á Unión Europea, Estados Unidos e China, dedúcese que os españois, a pesar de que mostran moita preocupación en torno ao cambio climático, expresan ao mesmo tempo un certo optimismo en relación á batalla que debe librarse contra este fenómeno.
Mentres que o 89 % da poboación española recoñece que os seres humanos teñen unha responsabilidade nas causas que provocan o cambio climático, o 68 % tamén cre que a situación é reversible, e ata un 80% considérase parte da solución para resolver esta crise, 11 puntos por riba da media europea (69 %).
As respostas dos españois son similares ás dos italianos, gregos e croatas. Os europeos do sur comparten o optimismo na capacidade para loitar contra o cambio climático e consideran que outras cuestións tales como o desemprego constitúen o maior problema ao que se enfrontan nos seus respectivos países.
Neste sentido, o 72 % dos españois asegura que o desemprego é o primeiro dos tres principais desafíos, seguido da inestabilidade política (56 %) e o cambio climático (42 %). Sen embargo, os europeos do norte (Dinamarca, os Países Baixos, Alemaña ou Austria), perciben que a crise climática constitúe a maior ameaza a día de hoxe.
Respecto da percepción do impacto do cambio climático sobre a vida diaria das persoas: os habitantes dos países mediterráneos recoñecen un maior impacto, cun 94 % no caso de Italia e un 87 % en España, mentres que a proporción é do 63 % en Dinamarca e do 66 % en Suecia.
A escala mundial, o “cambio climático” tamén se visualiza como un dos principais retos noutras áreas do mundo, aínda que en diferentes grados: o 73 % dos cidadáns chinos considera que é un dos maiores desafíos ao que se enfronta a sociedade, moi por diante dos europeos (47 %) e os estadounidenses (39 %).
No obstante, os chinos tamén confían na capacidade de reverter a situación: o 80 % cre que aínda estamos a tempo, mentres que só o 59 % dos europeos e o 54 % dos estadounidenses comparten este posicionamento.
E a pesar do optimismo dos españois, estes móstranse máis proclives que o conxunto dos europeos a pensar que, como consecuencia do cambio climático, veranse obrigados emigrar no futuro, tanto dentro como fóra de España.
O 36 % (10 puntos por riba da media europea) cre que terá que trasladarse a un país ou rexión máis frío no futuro. Esta porcentaxe sobe ao 60% no caso dos mozos.
Fonte: Directivos y Empresas
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación