- Así se recolle nun informe da Universidade das Nacións Unidas e ONU Medio Ambiente no que se analizan distintos escenarios de futuro.
- Os refugallos electrónicos estanse a incrementar con moita rapidez. Tanto é así que, desde o ano 2000, as cantidades xeradas de RAEE creceron de 20 millóns a 50 millóns de toneladas por ano.
- O actual sistema de produción e consumo de RAEE é insostible, precisándose de modelos comerciais innovadores que prioricen a estensión da vida útil e a reutilización dos produtos electrónicos.
Cerceda, a 1 de outubro de 2019.- Tomando como referencia o masivo consumo de produtos electrónicos a nivel mundial, un informe da Universidade das Nacións Unidas e ONU Medio Ambiente “Solving the E-waste Problem (StEP)”, analizou os posibles escenarios futuros, augurando que o máis probable é que a produción de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) a nivel mundial se duplique de aquí a 2050. Estariamos falando de 111 millóns de toneladas.
A día de hoxe, constitúe o fluxo de refugallos que aumenta con maior rapidez. Tanto é así que, desde o ano 2000, as cantidades xeradas de RAEE creceron de 20 millóns a 50 millóns de toneladas por ano.
O actual sistema de produción e consumo de RAEE é insostible, precisándose de modelos comerciais innovadores que prioricen a exsensión da vida útil e a reutilización dos produtos electrónicos
Se ben é certo que as novas tecnoloxías están avanzando no desenvolvemento de materiais e aleacións que melloraron a eficiencia enerxética e a portabilidade dos dispositivos electrónicos, a xuizo dos expertos, a reciclaxe aínda é moi limitada. As taxas de recollida de residuos electrónicos sitúanse no 20% de media a nivel mundial, malia os intentos por aumentalas substancialmente.
Faise unha chamada á acción ás empresas do sector da electrónica a fin de que estas se impliquen en maior medida na construción dunha economía máis circular nesta industria e aposten por un enfoque proactivo.
Non é fácil predicir a evolución tecnolóxica porque ata os grandes fabricantes teñen graos de incerteza sobre o progreso e os procesos en 10, 20 ou 30 anos, pero o uso da electrónica, e polo tanto a xeración de residuos electrónicos, seguramente crecerá nas próximas décadas. Isto é especialmente certo para as economías en crecemento. Haberá máis desafíos, así como oportunidades para todos os actores no ámbito global dos RAEE: produtores, usuarios, recolectores, recicladores e responsables de políticas.
Independentemente en que dirección evolucione o futuro, garantir un sistema de produción e consumo sostible para os produtos electrónicos requirirá esforzos significativos por parte de todos.
Fonte: Residuos profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación