- As preguntas que tiveron un aumento puntual (5.000%) aluden a que son os gases de efecto invernadoiro, que é o desenvolvemento sostible e que se pode facer para evitar o cambio climático, entre outras
- Así mesmo, os internautas indagaron en opcións máis verdes para ir aos seus destinos e os rastreos para tendas de roupa de segunda man aumentaron un 210%
Cerceda, a 28 de abril de 2022.- No últimos cinco anos, as procuras sobre o medio ambiente na internet aumentaron un 75% en España. As preguntas sobre cambio climático que tiveron un aumento puntual (5.000%) son:
- Que é a choiva aceda
- Que son os gases de efecto invernadoiro
- Que é o desenvolvemento sostible
- Que se pode facer para evitar o cambio climático
- Que é un plan de mobilidade urbana sostible
Pola súa banda, as cuestións máis buscadas sobre sustentabilidade inclúen “produtos usados”, “enerxía solar”, “veganismo”, “reciclaxe” e “sustentabilidade” . E os temas que máis creceron en interese este ano son "comunidades sostibles" (aumento dun 633%), “ecocity” (155%), “contaminación do solo” (148%) e "contaminación de plástico" (79%).
Así mesmo, os internautas indagaron en opcións máis verdes para ir aos seus destinos e disparáronse, nun 227%, os rastreos en Google Maps de estacións de carga para coches eléctricos en Madrid.
A medida que as persoas regresan á oficina e reactivan a súa vida social trala pandemia, algunhas están interesadas en reutilizar no canto de comprar roupa nova. En España, as procuras para tendas de roupa de segunda man aumentaron un 210% e, de tendas de roupa vintage, un 279% desde o ano pasado.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pexels