- Unha das preguntas máis buscadas polos españois entre 2004 e 2023 é como se detén o cambio climático
Cerceda, a 13 de setembro de 2024.- O “cambio climático" é a segunda temática con maior nivel de interese na procura en España a través de Google, logo de "buraco negro", tal e como revela Searching for Science, un novo sitio web de Google Trends que profunda nas principais preguntas de ciencia máis buscadas entre 2004 e 2023 en 41 países europeos.
O sitio web ofrece información sobre máis de 120 temas: desde os grandes avances e descubrimentos máis importantes dos últimos 25 anos ata os temas cotiáns máis buscados de Astronomía, Ciencias Biolóxicas, Química, Ciencias da Terra, Matemáticas e Física.
O pasado ano, as procuras sobre clima alcanzaron un máximo histórico, superando á media europea en máis dun 270%, e as de cambio climático aumentaron en máis dun 40%. A pregunta “Como se detén o cambio climático” é unha das máis buscadas polos españois entre 2004 e 2023.
A web revela tamén que Europa é o continente que máis procuras realiza sobre ciencia e que España sitúase de sétima na clasificación de países que lideran a lista.
Toda a información aquí: Searching For Science