- Sogama, a través da súa plataforma educativa www.cadernoverde.gal, vén de difundir unha serie de unidades didácticas para as aulas de lingua galega nas que o mar e os residuos cobran especial protagonismo.
Cerceda, a 18 de maio de 2020.- Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Reciclaxe e o Día das Letras Galegas (17 de maio), Sogama, a través da súa plataforma educativa www.cadernoverde.gal, difundiu unha serie de recursos didácticos para as aulas de lingua galega nos que o mar e os residuos cobran especial protagonismo.
Neste sentido, cabe recordar que máis de 13 millóns de toneladas de refugallos plásticos acaban cada ano nos océanos, cifra que equivale a verter no mar un camión de lixo cada minuto.
O 85% dos residuos mariños teñen a súa orixe en terra, de aí a necesidade de evitar o consumo de produtos sobreenvasados, os plásticos de usar e tirar, e ter moita prudencia e cautela con todo o que errónamente se arroxa ao inodoro (bastonciños de algodón, toalliñas húmidas, lentillas, etc.
O plástico representa entre o 60 e o 90% de todo o lixo oceánico, coa particularidade de que este material tarda máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
- Problema nos océanos: http://www.cadernoverde.gal/problema-nos-oceanos/
- Mariñeiras a proa!: http://www.cadernoverde.gal/marineiras-a-proa/
- Percorrendo a costa para limpar : http://www.cadernoverde.gal/percorrendo-a-costa-para-limpar/
Estas unidades didácticas están orientadas aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria.
Saúdos, Departamento de Comunicación