- Liderado pola Asociación Paisaje Limpio, ten por obxecto mellorar a xestión dos refugallos producidos polo sector pesqueiro e a navegación deportiva.
- Con tal fin, levou a cabo un diagnóstico de partida de cara a analizar a situación das infraestruturas de xestión de residuos en portos de pesca e deportivos, así como o comportamento dos usuarios na materia.
- Así mesmo, promoveu talleres e accións de formación e sensibilización a través da campaña “En el mar deja sólo tu estela” e publicou dúas guías de boas prácticas (unha para responsables de Cofradías de Pescadores e outra para responsables de Portos Deportivos).
- O ámbito de actuación do proxecto estendeuse a Andalucía, Canarias, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Galicia.
Cerceda, a 15 de xaneiro de 2019.- O crecente lixo mariño que arrasa mares e océanos constitúe un problema ambiental de primeira magnitude que, non só pon en risco a integridade dos ecosistemas mariños, senón tamén a fauna, o turismo, a pesca e a propia alimentación humana.
Estímase que só un 20% dos residuos que acaban no mar chega finalmente ás praias, manténdose un 15% na columna de auga e quedando o resto depositado nos fondos mariños ou inxeridos pola fauna.
En España existen máis de 9.000 barcos de pesca e da orde e 230.000 de recreo, embarcacións todas elas que xeran residuos (oleosos, augas sucias, restos de alimentos, artes de pesca, etc). Reducir a xeración deste lixo e xestionalo de forma axeitada constitúe unha prioridade de cara a contribuír a uns mares máis limpos e saudables.
E precisamente neste marco emerxeu o proxecto BAJUREC, que ten por obxecto mellorar a xestión dos refugallos producidos polo sector pesqueiro e a navegación deportiva, contribuíndo desta forma a preservar os recursos biolóxicos mariños.
A fin de coñecer o escenario de partida, a Asociación Paisaje Limpio, líder da iniciativa, realizou un diagnóstico inicial para analizar a situación das infraestruturas de xestión de residuos en portos de pesca e deportivos, así como o comportamento dos usuarios na materia.
Para iso serviuse de 70 enquisas efectuadas a responsables de portos deportivos e unha enquisa grupal con diferentes Federacións de Cofradías, realizando igualmente un milleiro de enquisas a pescadores e usuarios de embarcacións de recreo.
Así mesmo, promoveu un Taller de Expertos con fabricantes e deseñadores de embarcacións para coñecer o estado das artes en materia de infraestruturas para o depósito de residuos nos barcos.
Tras este diagnóstico inicial, levou a cabo acciones de formación e sensibilización a través da campaña “En el mar deja sólo tu estela”, incidindo fundamentalmente na correcta xestión de residuos tales como orgánicos, cabichas e augas de sentina.
Tamén publicou dúas guías de boas prácticas, unha para responsables de Cofradías de Pescadores e outra para responsables de Portos Deportivos.
O ámbito de actuación do proxecto estendeuse a Andalucía, Canarias, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Galicia.
Fonte: www.paisajelimpio.com
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación