- Terá lugar entre o 21 de setembro e o 6 de outubro do ano en curso, sendo o seu obxectivo recoller e caracterizar residuos nos areais e profundar no coñecemento dos mesmos (orixe, impacto, etc)
Cerceda, a 9 de setembro de 2024.- O proxecto Libera, creado pola ONG SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes, co obxectivo de “liberar” de residuos a contorna natural, traballa nunha nova convocatoria, 1 m2 polas praias e mares, que terá lugar entre o 21 de setembro e o 6 de outubro do ano en curso.
A pretensión desta cita é chamar á colaboración cidadá para recoller e caracterizar residuos nas praias, tanto fluviais como mariñas, e profundar no coñecemento daqueles que proceden de distintas fontes tales como os ríos, as verteduras e artes de pesca abandonadas, xa que, ademais de alterar os ecosistemas, poñen en perigo multitude de especies e arrastran os restos de basuraleza ás praias de toda España.
Os interesados en participar nesta iniciativa teñen de prazo ata o próximo 16 de setembro. Toda la información en https://proyectolibera.org/proximos-eventos/
Fonte e imaxe: Proyecto Libera