- Actualmente é viceministro de Agricultura e Asuntos Rurais de China e converterase no noveno Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.
- Sucederá no cargo ao brasileiro José Graziano da Silva, dando comezo ao seu mandato o próximo 1 de agosto, que se extenderá ata o 31 de xullo de 2023.
Cerceda, a 1 de xullo de 2019.- A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) xa conta cun novo Director Xeral. Trátase do chinés Qu Dongyu, que resultou elixido o pasado 23 de xuño no marco do 41º período de sesións da Conferencia da FAO, máximo órgano de goberno desta entidade.
Con 108 votos a favor, dun total de 191, Qu Dongyu fíxose coa maioría requirida na primeira volta.
Nado en 1963, actualmente é viceministro de Agricultura e Asuntos Rurais de China e converterase no noveno Director Xeral da FAO desde a fundación da Organización, o 16 de outubro de 1945.
Sucederá no cargo ao brasileiro José Graziano da Silva, dando comezo ao seu mandato o próximo 1 de agosto, que se extenderá ata o 31 de xullo de 2023.
DIRECTORES XERAIS DA FAO
• Sir John Boyd Orr, Reino Unido, 1945-1948
• Norris E. Dodd, Estados Unidos de América, 1948-1954
• Philip Vincent Cardon, Estados Unidos de América, 1954-1956
• Binay Ranjan Sen, India, 1956-1967
• Addeke Hendrik Boerma, Países Baixos, 1968-1975
• Edouard Saouma, Líbano, 1976-1993
• Jacques Diouf, Senegal, 1994-2011
• José Graziano da Silva, Brasil, 2011-2019
Fonte e imaxe: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación