- O desmesurado consumo de plástico dun só uso tense convertido nunha ameaza para o medio ambiente.
- Cunha serie de pequenos xestos e hábitos responsables, é posible paliar este problema.
- Optar por materiais alternativos e alongar a vida útil dos produtos, algunhas das claves.
Cerceda, a 8 de abril de 2019.- O consumo irracional e desmesurado de plásticos dun só uso, así como a falta de dilixencia nalgúns casos á hora de depositalos no contedor axeitado para posibilitar o seu posterior reciclado, está a provocar un problema medioambiental de primeira magnitude.
A presenza de residuos plásticos e microplásticos en distintos recunchos do planeta supón unha seria ameaza para a saúde dos ecosistemas e para a nosa, xa que moitos destes compostos estanse incorporando á cadea alimentaria.
E que podemos facer cada un de nós para axudar a paliar esta situación? A campaña @GaliciaSostible proporciona 10 sinxelos consellos para que aprendamos a vivir con menos plástico.
1.- Evita as bolsas de plástico dun só uso para facer a compra; leva a túa propia bolsa reutilizable e reciclable.
2.- Non compres botellas de plástico; no seu lugar, utiliza termos.
3.- Para tomar café usa unha cunca reutilizable.
4.- Non leves a túa comida en envases desbotables; mellor nun recipiente reutilizable.
5.- Evita as cafeteiras de cápsulas monodose.
6.- Descarta os cubertos de plástico e recupera os tradicionais de aceiro ou aluminio.
7.- Di non ás pajitas de plástico.
8.- Reduce o uso de xoguetes fabricados con plástico.
9.- Unha vez esgotada a vida útil dos teus aparellos electrónicos, propicia o seu reciclado.
10.- Comparte estes consellos, cos teus amigos, a túa familia, nas redes sociais…
Recorda que o mellor residuo é o que non se produce. Pero cando xa o xeramos, é a nosa responsabilidade para co planeta e os nosos semellantes depositalo correctamente no punto de destino para que reciba o tratamento correcto.
Imaxe e fonte: @GaliciaSostible
Saúdos, Departamento de Comunicación