- SEO/ BirdLife puxo ao disposición dos cidadáns varias iniciativas e contidos divulgativos e pedagóxicos para que non botemos tanto en falta a natureza e aves nestes días de confinamento e podamos facer un pouco # DePajareo sen movernos da casa.
Cerceda, a 2 de abril de 2020.- Con motivo do confinamento enmarcado na loita contra o coronavirus, millóns de persoas están resgardadas nos seus fogares para evitar que esta pandemia se expanda aínda máis.
SEO/ BirdLife, a Sociedade Española de Ornitoloxía, puxo ao disposición dos cidadáns varias iniciativas e contidos divulgativos e pedagóxicos para que non botemos tanto en falta a natureza e as aves nestes días e podamos facer un pouco # DePajareo sen movernos de casa.
Entre algúns dos contidos aos que podemos acceder, figuran os seguintes:
1. # WebcamSEO. Auténticas xanelas á natureza; 24 horas de aves emblemáticas en directo, non-stop. Este ano hai xa no aire tres cámaras en senllos niños de voitre negro, curuxa e peneireiro primilla. Gózaas todas a calquera hora en seo.org/ camaras.
2. Aves do A ao Z. Desde o pasado 16 de marzo, lánzanse píldoras divulgativas, xogos ou pequenas probas para que todo o mundo poida participar e aprender da beleza e maxia da nosa avifauna. Cada día unha letra e dúas especies, unha pola mañá e outra pola tarde, coas mellores ilustracións da guía de aves de SEO/ BirdLife.
3. Revista Aves e Natureza, en aberto a fin de que calquera persoa poida botar unha ollada ao número máis recente.
4. Contido para “Aventureiros” Para peques e non tan peques en clubaventureros.org.
E moito máis en https://www.seo.org/quedate-en-el-nido/
SEO/ BirdLife é a ONG ambiental decana en España. Fundada en 1954, a súa misión continúa a ser a mesma desde entón: coas aves como bandeira, a súa pretensión é conservar a biodiversidade coa participación e implicación da sociedade.