- Así reza o título da nova campaña promovida por SIGRE, que anima á cidadanía a revisar o botiquín doméstico de primeiros auxilios e a colaborar no correcto tratamento ambiental dos envases baleiros ou con restos de medicamentos mediante o seu depósito no Punto SIGRE das farmacias
- Faise un especial chamamento á importancia de desfacerse correctamente dos restos antibióticos para evitar as resistencias bacterianas
Cerceda, a 31 de outubro de 2024.- SIGRE, en colaboración con todo o sector farmacéutico, lanzou a campaña “Reciclar é o mellor tratamento para o planeta”, co obxectivo de informar e sensibilizar aos pacientes, familiares e coidadores da importancia de depositar nos Puntos SIGRE das farmacias os medicamentos caducados, en mal estado ou procedentes de tratamentos xa finalizados.
Esta sinxela práctica, que xa realizan tres de cada catro fogares españois, elimina o risco que supón para a saúde o consumo de medicamentos sobrantes ou caducados, e evita a contaminación dos nosos ríos e solos, como ocorrería se os tirásemos ao lixo ou polo desaugadoiro, á vez que permite reciclar os materiais dos envases recolidos.
A sensibilización cidadá permitiu que, durante o primeiro semestre de 2024, aumente nun 3,75% a cantidade de envases baleiros ou con restos de medicamentos depositados nos contedores brancos das farmacias, en comparación co mesmo período do ano anterior.
Esta campaña pide ademais que se preste especial atención aos antibióticos para evitar as resistencias bacterianas, unha das 10 principais ameazas de saúde pública ás que se enfronta a humanidade.
A aposta polo ecodeseño de envases farmacéuticos
A colaboración cidadá é esencial para alcanzar elevadas taxas de reciclaxe de medicamentos, pero non pode esquecerse que o mellor residuo é aquel que non se produce. A esta tarefa contribúe o esforzo realizado pola industria farmacéutica para minimizar o impacto ambiental dos envases de medicamentos, logrando que cada vez pesen menos e sexan máis sostibles e reciclables.
Desde o ano 2000, as compañías farmacéuticas implementaron máis de 3.500 iniciativas de ecodeseño, que perduran no tempo. Grazas a este esforzo continuo, e malia as limitacións legais existentes, cada ano póñense no mercado español preto de 500 millóns de fármacos (un de cada tres) con algunha mellora ambiental no seu envase, o que permitiu reducir o seu peso medio en máis dun 25 % e facilitou que hoxe se reciclen o 70% dos materiais dos envases recollisoa (papel, cartón, vidro, plásticos e metais).
Consellos SIGRE para unha correcta revisión do botiquín de primeiros auxilios
• Retira os medicamentos caducados ou en mal estado de conservación, e tamén aqueles que non vaias necesitar no futuro. Unha vez retirados, lévaos, xunto cos seus envases, ao punto SIGRE da farmacia para que reciban un correcto tratamento ambiental.
• Cando se finaliza un medicamento e quedan no botiquín de primeiros auxilios os envases baleiros (frascos, blísteres, aerosois, ampolas etc.) e as caixas de cartón, lévaos tamén ao punto SIGRE. Isto é moi importante porque os envases poden conter aínda restos do fármaco.
• Non almacéns no botiquín de primeiros auxilios doses sobrantes de tratamentos prescritos polo profesional sanitario. Se ao finalizar o tratamento sobraron algunhas doses, lévaas tamén ao punto SIGRE.
• En caso de dúbida, consulta ao teu farmacéutico, quen che asesorará axeitadamente sobre como debes facer unha boa xestión do teu botiquín de primeiros auxilios doméstico.
Fonte e imaxe: SIGRE