- Co apoio de Sogama, xa son 110 os fogares deste municipio adscritos ao programa de compostaxe doméstica promovido por esta Sociedade pública.
- Ao igual que en anteriores ocasións, a empresa proporcionou ao concello os recipientes, de 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, así como manuais didácticos de apoio para entregar ás familias participantes.
Cerceda, a 7 de febreiro de 2020.- O concello de Cedeira (A Coruña) continúa coa súa firme aposta pola compostaxe doméstica, dados os seus importantes beneficios ambientais, económicos e sociais, e, co apoio de Sogama, estenderá esta práctica a 30 novas vivendas, facendo un total de 110 os fogares que a día de hoxe están adscritos a esta iniciativa.
Ao igual que en anteriores ocasións, a Sociedade Galega do Medio Ambiente proporcionou ao ente local a nova partida de composteiros, fabricados con materiais reciclados e reciclables, así como manuais didácticos de apoio que o concello entregará aos veciños participantes.
Con este programa, o ente local quere incentivar as políticas de prevención e redución da produción de lixo en orixe, toda vez que a reciclaxe da parte orgánica dos residuos lévase a cabo nas propias vivendas, obtendo un abono natural de alta calidade que os usuarios aplicarán nas súas hortas, xardíns ou terras de cultivo. Pechan así o ciclo de aproveitamento desta fracción e evitan que sexa depositada nos contedores verdes convencionais.
Adicionalmente, os interesados teñen á súa disposición un sitio web específico wwww.compostaconsogama.gal, onde poderán atopar recursos divulgativos cos qeu reforzar os seus coñecementos na materia.
A día de hoxe, Sogama repartiu 11.500 composteiros entre 336 entidades (concellos, centros educativos e colectivos sociais).
Saúdos, Departamento de Comunicación