- Recyclia xestionou, a través das súas fundacións (Ecopilas, Tragatóner/ Tragatinta, Ecofimática e Ecolum), case 60.000 toneladas de residuos de aparellos electrónicos e pilas durante o pasado ano.
- Destaca o crecemento, nun 329%, do volume de paneis solares reciclados, ata alcanzar as 481 toneladas en 2020. Neste sentido, cabe lembrar que a súa reciclaxe é obrigatoria desde 2015, cando foron considerados legalmente residuos electrónicos.
Cerceda, a 22 de xuño de 2021.- Malia as restricións á mobilidade e o descenso da actividade comercial e produtiva como consecuencia da crise sanitaria, a reciclaxe de residuos electrónicos e pilas en España resistiu a ralentización imposta pola Covid-19 en 2020. De feito, Recyclia, entidade que administra catro fundacións ambientais dedicadas a esta actividade, xestionou o pasado ano 59.154 toneladas de residuos desta tipoloxía.
Deste total, 51.839 toneladas corresponderon a aparellos electrónicos, cifra coa que a que esta organización logra o obxectivo que se marcou, tras declararse a pandemia, de tentar manter este volume de residuos por riba das 50.000 toneladas.
No que se refire a pilas e baterías, tanto de tipo doméstico, como industrial e de automoción, alcanzou un récord coa recollida destes materiais a través da fundación Ecopilas, ocupando, segundo a asociación europea Eucobat, o quinto posto entre os sistemas colectivos de xestión destes residuos de Europa.
Por outra banda, destaca o crecemento, nun 329%, do volume de paneis solares reciclados ata alcanzar as 481 toneladas en 2020. Neste sentido, cabe lembrar que a súa reciclaxe é obrigatoria só desde 2015, cando foron considerados legalmente residuos electrónicos.
Así mesmo, Recyclia mantivo un crecemento do 4% no número de fabricantes e importadores de aparellos electrónicos e pilas adheridos ás súas fundacións, chegando aos 1.684 no exercicio pasado, mentres que a súa rede de recollida aumentou en 12.509 puntos ata alcanzar os 91.780 en toda España, un 16% máis que en 2019.
Neste crecemento da rede de recollida, cabe destacar o despregamento, en 2020, de 3.667 (un 9% máis que en 2019) e 5.646 (un 74% máis) novos puntos pertencentes, respectivamente, a Ecopilas e Tragatóner/ Tragatinta, téndose habilitado esta última para xestionar os cartuchos de impresión. De feito, a rede de recollida de Ecopilas, con 44.617 puntos, consolídase como a máis extensa do noso país.
OUTRAS TIPOLOXÍAS DE RESIDUOS ELECTRÓNICOS
Polo que se refire a aparellos ofimáticos e de impresión, a fundación Ecofimática xestionou 6.357 toneladas en 2020 e retirou 438.517 quilos de cartuchos de impresión, un 18% máis que en 2019, a través da rede de 13.298 puntos Tragatóner/ Tragatinta.
Ecoasimelec, a fundación dedicada á xestión do resto de tipos de residuos electrónicos, xestionou 39.421 toneladas, o que supón un descenso do 5% respecto de 2019. Deste volume, o 87% corresponde a aparellos de uso doméstico. A fundación sumou, ademais, 648 novos puntos de recollida á súa rede, alcanzando os 17.854 en 2020.
Por último, Ecolum retirou 6.061 toneladas de residuos de iluminación, un 7% máis que en 2019, a través dos seus 7.357 puntos de recollida, dos que un 28,5% foron despregados o ano pasado.
Fonte: Recyclia
Imaxe: Pexels