- Cada cidadán separou, para a súa posterior reciclaxe, 17,1 kg de envases de plástico, latas e briks no contedor amarelo e 19,4 kg de envases de papel e cartón no azul.
- Nos últimos cinco anos,o uso destes dous recipientes incrementouse, de media, un 32% no noso país.
Cerceda, a 15 de maio de 2020.- Segundo datos de Ecoembes, en 2019 os españois depositaron nos contedores amarelos e azuis un 8,1% máis de envases con respecto ao ano anterior, un incremento que, tal e indicou este SIX, non vai vinculado ao aumento do consumo nos fogares, que se situou nun +1,1% segundo o INE, senón que é resultado de que a cidadanía, en gran medida, interiorizaou o hábito de reciclar.
Os contedores amarelos foron os que maior crecemento experimentaron, enchéndose un 9,1% máis. Isto foi posible grazas a que cada español depositou nos mesmos 17,1 kg quilos de envases de plástico, metálicos e briks para o seu posterior reciclado. No caso do contedor azul, e cunha media de 19,4 kg de envases de papel e cartón por cidadán, o crecemento alcanzado foi de o 7,2%.
Así, o pasado ano recicláronse en España un total de 1.505.661 toneladas de envases de plástico, latas,briks, e de papel e cartón, evitando con isto a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera. Igualmente, propiciouse o aforro de 20,74 millóns de m3 de auga, 6,36 millóns de Mwh de enerxía e 1,5 millóns de toneladas de materias primas.
Desta cifra total (1.505.661 t), 616.736 toneladas corresponden a envases de plástico. 249.420 toneladas a envases metálicos –como latas de conservas ou refrescos- e 631.683 toneladas a papel e cartón.
Os datos alcanzados en 2019 son froito do traballo realizado por cidadáns, concellos e empresas para facer realidade, cada un desde o seu ámbito de responsabilidade, a reciclaxe. Nos últimos cinco anos, o uso do contedor amarelo e azul incrementouse, de media, un 32% no noso país.
Fonte e imaxe: Ecoembes