- Cada habitante propiciou a reciclaxe de 13,2 kg de envases de plásticos procedentes do fogar, case 1 kg máis que no exercicio anterior e 10 máis que no ano 2000.
- Segundo datos de Cicloplast, este incremento non está directamente vinculado a un maior consumo, senón a unha maior concienciación ambiental da poboación en torno á reciclaxe.
Cerceda, a 24 de xullo de 2020.- A reciclaxe de envases plásticos en España alcanzou en 2019 as 616.736 toneladas, un 8% máis que no ano anterior, evidenciando así a crecente tendencia na recuperación destes materiais e a implicación cidadá na correcta separación en orixe.
De feito, cada habitante propiciou a reciclaxe de 13,2 kg de envases de plásticos procedentes do fogar, case 1 kg máis que no exercicio anterior e 10 máis que no ano 2000. Tal e como informa Cicloplast, este incremento non está directamente vinculado a un maior consumo, xa que, segundo datos do INE, o consumo nos fogares tan só aumentou un 1,1% no mesmo período, senón a unha maior concienciación ambiental da poboación en torno á reciclaxe.
O compromiso coa reciclaxe de envases plásticos constatouse tamén nos últimos meses a través dun estudo realizado por Ecoembes sobre sostibilidade, compromiso ambiental e reciclaxe postcovid, no que se constata que a poboación está máis concienciada desde que se decretara o estado de alarma e son máis de 2,5 millóns de españois (o 6,7% da poboación) os que aseguran incorporar este hábito á súa vida diaria.
No ranking europeo, España segue estando á cabeza no reciclado de plásticos do fogar, sendo ademais un dos países que máis creceu. Así o indica o informe 2018 de EPRO (European Plastic Recycling and Recovery Organization), que sitúa en primeiro lugar a España (12,3 kg/hab), superando a países como Alemaña (11 Kg/hab) Italia (10 kg/hab), UK (8,1 kg/hab) ou Francia (4,4 kg/hab), entre outros.
En 2018, el número de toneladas recicladas de plástico foi de máis de un millón (1.076.962 toneladas), o que supón un índice de reciclado deste material do 42%, tal como reflicte o informe anual estatístico que realiza Cicloplast en colaboración con Anarpla (Asociación Nacional de Recicladores de Plástico).
Tendo en conta todos os envases (domésticos, comerciais e industriais), en 2019 España xa alcanzou o índice de reciclado do 50,7% superando o obxectivo marcado pola Unión Europea do 50% en 2025. Sen embargo, hai que ter en conta que Europa cambiará o ano que vén a metodoloxía de cálculo do reciclado de plástico, polo que se agarda que os índices de reciclado de todos os Estados membros diminúan.
SOBRE CICLOPLAST
CICLOPLAST é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1996 polos industriais de plásticos para impulsar a prevención e a xestión ecoeficiente dos plásticos ao final da súa vida útil. Traballa, entre outras, nas seguintes liñas de actividade: proxectos de I+D+i para promover a circularidade dos plásticos, actividades de educación e sensibilización ambiental e intercambio de coñecementos a nivel internacional no marco da asociación europea EPRO (European Association of Plastics Recycling & Recovery Organizations).
Fonte: Cicloplast