- Durante a etapa de confinamento enmarcada no estado de alarma, o consumo de pilas nos fogares españois incrementouse un 15%.
- A Fundación Ecopilas recorda a importancia de depositar estes residuos nos contedores axeitados a fin de evitar a contaminación ambiental e recuperar metais de gran valor tales como ferro, zinc, cobre ou manganeso.
Cerceda, a 18 de maio de 2020.- Durante a etapa de confinamento enmarcada no estado de alarma (Covid-19), o consumo de pilas nos fogares españois incrementouse un 15% respecto da media mensual en circunstancias normais.
Segundo José Pérez, presidente de Ecopilas, “é moi posible que se contamos todos os aparellos que temos en casa que funcionan con pilas nos sorprendamos. Ademais, o feito de pasar máis tempo na casa estas últimas semanas aumentou o uso destes dispositivos; pensemos, por exemplo, en xoguetes mecánicos ou radios portátiles. Por iso, tendo en conta o índice de recuperación de materiais dunha pila, é fundamental depositalas nos contedores correspondentes para garantir a súa reciclaxe”.
No noso país consómese unha media de 45 millóns de unidades de pilas ao mes e, con motivo do Día Internacional da Reciclaxe, celebrado onte, 17 de maio, a Fundación Ecopilas recorda a importancia de depositar estes residuos nos contedores axeitados a fin de evitar a contaminación ambiental e recuperar metais de gran valor tales como ferro, zinc, cobre ou manganeso.
Ecopilas destaca que, das máis de 463.000 pilas que recolle diariamente, recupéranse 2,3 toneladas de ferro e 2,8 toneladas zinc, así como 2,8 toneladas doutros metais, entre eles cobre ou manganeso. Os actuais sistemas de reciclado permiten recuperar o 75% dos seus materiais para reutilizalos en novos procesos de fabricación.
A rede de puntos de recollida máis ampla de españa
Como sector esencial, Ecopilas mantén operativa a súa rede loxística e de xestión en planta para atender as solicitudes de recollida de pilas e baterías domésticas, industriais e de automoción.
En relación coas domésticas, conta coa rede de recollida máis ampla do noso país, integrada por un total de 40.945 contedores instalados en edificios públicos, grandes superficies ou establecementos comerciais e empresas de toda España. Ao redor do 85% das pilas depositadas nestes contedores son alcalinas/salinas, as máis habituais no ámbito doméstico e utilizadas en aparellos de baixo consumo como radios, linternas, mandos a distancia, juguetes, etc.
Na web da fundación, os usuarios dispoñen dun mapa para consultar o contedor máis próximo ao seu domicilio, así como dunha aplicación móbil, a primeira deste tipo, desenvolvida por Eucobat, organización que reúne aos sistemas de reciclaxe de pilas máis importantes de Europa, entre eles Ecopilas.
Máis información en ecopilas.es
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay