- Ecovidrio celebra este ano o 25 aniversario da reciclaxe de vidro en España, sendo o primeiro material que comezou a reciclarse no noso país
- Desde a súa implantación, depositáronse nos iglús verdes máis de 15 millóns de toneladas de envases de vidro, evitando con isto a emisión de case 9 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera
- En España recíclanse preto de 9 millóns de envases ao día e máis de 6.000 envases por minuto, o que equivale a 19,8 kg por habitante e uns 68 envases por persoa
Cerceda, a 7 de xuño de 2023.- Ecovidrio conmemora este ano o 25º aniversario da chegada a España da reciclaxe de envases de vidro como actividade pública, universal e obrigatoria en todos os pobos e cidades do país logo daprobación da Lei 11/1997 de Envases e Residuos de Envases.
Desde a súa implantación, depositáronse nos iglús verdes máis de 15 millóns de toneladas de envases de vidro, evitando con isto a emisión de case 9 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera.
En 2022, o noso país alcanzou un récord histórico ao superar o millón de toneladas recuperadas, das cales máis de 900.000 recolléronse a través do contedor verde. En España recíclanse preto de 9 millóns de envases ao día e máis de 6.000 envases por minuto, o que equivale a 19,8 kg por habitante e uns 68 envases por persoa.
As claves do éxito
- O contedor verde foi a primeira icona de reciclaxe en España, contabilizándose actualmente ao redor de 245.000 repartidos polo conxunto do país. Máis do 90% das toneladas de envases de vidro recuperadas proceden deste recipiente.
- Calidade do reciclado: estes contedores só conteñen un 2% de impropios e os envases de vidro depositados neles recíclanse ao 100% infinitas veces, converténdose en novos envases.
- Modelo universal e á vez local: a estratexia de Ecovidrio foi a de adaptar as operacións de recollida ás necesidades de cada municipio e barrio, dependendo de características tales como a poboación, o urbanismo ou o consumo. De feito, Ecovidrio responsabilízase da xestión directa da recollida no 61% dos municipios.
- Colaboración da hostalería: a canle Horeca é xeradors de case o 50% dos residuos de envases de vidro que se poñen no mercado. Ecovidrio agarda que o 76% de hostaleiros separe e recicle correctamente os envases de vidro en 2025 grazas ao plan estratéxico EcoVares.
- Concienciación: a mobilización social e as campañas de concienciación foron ferramentas clave para lograr que a reciclaxe de envases de vidro sexa un hábito consolidado no noso país.
A reciclaxe do futuro pasa pola dixitalización
Ecovidrio conta cun Plan Estratéxico 2020-2025 co que pretende superar holgadamente as esixencias da lei en materia de reciclaxe, con taxas superiores ao 80%.
A entidade ten previsto destinar máis de 500 millóns de euros a incrementar a contenerización, desenvolver campañas de mobilización social, levar a cabo acciones intensivas na canle Horeca ou despregar novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia das súas operacións.
Neste sentido, o futuro da reciclaxe de envases de vidro en España pasa pola dixitalización e a toma de decisións estratéxicas baseadas na análise dos datos. O Plan de Transformación Dixital, apalancado en técnicas de intelixencia artificial, permite unha xestión máis eficiente e obter mellores resultados.
Beneficios ambientais
A reciclaxe de envases de vidro é un elemento crave na loita contra o cambio climático e a descarbonización da nosa economía. Tamén é imprescindible na transición cara a un modelo de desenvolvemento máis circular e arraigado na Axenda 2030. Neste sentido, grazas aos envases depositados nos iglús durante este cuarto de século, logrouse:
- Evitar a emisión de case 9 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera, o equivalente a retirar da circulación 4 millóns de coches durante un ano.
- Aforrar 11.037.281 MWh de enerxía, o que equivale ao consumo eléctrico dos hospitais de toda España durante 2,5 anos.
- Evitar a extracción de máis de 18 millóns de toneladas de materias primas, o que equivale a 1.836 veces o peso da Torre Eiffel.
Fonte e imaxe: Ecovidrio