- Mentres que, en 2018, este SIX xestionou 4.150 toneladas, o pasado ano subiu ata as 4.431.
- Estes datos evidencian o firme compromiso dos agricultores coa protección do medio ambiente.
Cerceda, a 20 de maio de 2020.- En 2019, SIGFITO, o sistema de recollida de envases de fertilizantes e fitosanitarios, xestionou un total de 4.431 toneladas de envases en preto de 5.000 puntos distribuídos polo conxunto da xeografía española, o que supón un incremento do 6,8% respecto do exercicio anterior (4.150 toneladas).
O 100% dos envases puxéronse en valor a través da súa reciclaxe (96,2%) fundamentalmente os de plástico ríxido e a recuperación enerxética da parte non reciclable (3,8%).
Estes datos evidencian o firme compromiso dos agricultores coa protección do medio ambiente. De feito, o número de agricultores que usan o sistema de SIGFITO, e que acreditan a correcta xestión dos envases agrarios, aumentou un 0,8% en relación ao ano 2018, subindo dos 152.901 a 154.090.
En Galicia, a reciclaxe dos envases agrarios no marco deste modelo ascendeu a 51.222 quilos.
Fonte: SIGFITO
Imaxe: Pixabay