- O vertedoiro relégase a último lugar por ser a opción menos desexable dado o seu negativo impacto para a contorna e a saúde.
- En Europa hai máis de 500 plantas de valorización enerxética en operación, pero unicamente 11 se atopan asentadas en España.
- As aínda insuficientes taxas de reciclaxe e a falta de infraestruturas para transformar a fracción non reciclable en enerxía explica que, no noso país, o uso do vertedoiro se dispare, como media, ata o 54%.
Cerceda, a 1 de xuño de 2020.- Segundo datos de Eurostat (a oficina estatística da Unión Europea), a reciclaxe e a valorización enerxética da parte non reciclable dos residuos crecen de forma paralela nos países europeos máis avanzados e comprometidos co medio ambiente e o benestar dos seus cidadáns.
Así, os Estados nos que está plenamente implantada a recuperación enerxética da fracción resto, a reciclaxe é maior, cumprindo desta forma a xerarquía na xestión de residuos que propugna a Unión Europea e que debe comezar pola prevención e a redución, seguindo coa preparación para a reutilización e a reciclaxe, e complementándose coa recuperación (material e/ou enerxética). O vertedoiro relégase a último lugar por ser a opción menos desexable dado o seu negativo impacto para a contorna e a saúde.
Comparando os datos de 2010 cos de 2018, a reciclaxe subiu, como media, 9 puntos (do 39% ao 48%) e a valorización enerxética fíxoo en 6 puntos (do 23% ao 29%). Pola súa banda, o uso do vertedoiro diminuíu en 15 puntos (baixando do 38% ao 23%). Isto foi posible grazas a unha maior recuperación dos residuos, ben pola vía da reciclaxe, cando é factible, ben a través da valorización enerxética cando os refugallos, dadas as súas características, non poden ser transformados en novos produtos.
ESPAÑA, Á COLA
En Europa hai máis de 500 plantas de valorización enerxética en operación, pero unicamente 11 atópanse asentadas en España (Cataluña, Cantabria, Melilla, País Vasco, Baleares e Galicia).
As aínda insuficientes taxas de reciclaxe e a falta de infraestruturas para transformar a fracción non reciclable en enerxía explica que, no noso país, o uso do vertedoiro se dispare, como media, ata o 54%.
Fonte: Eurostat
Imaxe: Aeversu