- O aforro medio anual situaríase ao redor dun 35%, segundo un estudo realizado pola consultora Expense Reduction Analyst (ERA) baseado na análise de máis de medio cento de compañías de España, Alemaña, Bélxica, Dinamarca e Francia.
- Actualmente, pódese dar unha segunda vida aos refugallos xerados nas empresas a través da súa posta en valor como materia prima para outras industrias; un proceso que se coñece como simbiose industrial.
- ERA propón como alternativa crear unha rede de reciclaxe e reutilización na que os xestores de residuos que realizan esta transformación teñan máis visibilidade e sexan un axente con máis protagonismo para reintegrar os materiais no proceso produtivo das empresas ou vendelos a outras.
Cerceda, a 27 de maio de 2019.- Segundo un estudo da consultora Expense Reduction Analysts (ERA), sustentado na análise de máis de medio cento de empresas de distintos países tales como España, Alemaña, Bélxica, Dinamarca e Francia, o 94% das compañías que levan a cabo unha boa xestión dos seus residuos conseguen reducir custos, cun aforro medio anual que se situaría en torno ao 35%, coa particularidade de que un 6% das empresas logran reverter o custo e convertelo en ingreso.
Actualmente, e segundo os expertos, pódese dar unha segunda vida aos residuos xerados nas empresas, pois moitos deles serven como materia prima para outras industrias; é o que se coñece como simbioses industrial. Nalgúns casos como combustible e, noutros, como son os residuos orgánicos, para producir fertilizantes, para rexenerar solos ou para producir enerxía a través de biogás.
No marco dun modelo de desenvolvemento que debe avanzar cara á economía circular, a estratexia de moitas compañías pasa pola propia autoxestión dos seus refugallos, esforzándose en xerar menos, en separalos de forma eficiente e en buscar alternativas de tratamento sostibles, evitando o uso do vertedoiro.
Cada vez son tamén máis as compañías que apostan por instalar equipos para tratar os residuos dentro das mesmas e convertelos así en materia prima ou xerar enerxía e ata reutilizalos no propio proceso, como é o caso dos disolventes ou lodos das depuradoras. A limitación para as pequenas empresas é que estes equipos adoitan ser custosos.
É por isto que a consultora Expense Reduction Analysts propón como alternativa crear unha rede de reciclaxe e reutilización na que os xestores de residuos que realizan esta transformación teñan máis visibilidade e sexan un axente con máis protagonismo para reintegrar os produtos no proceso produtivo das empresas ou vendelos a outras .
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación