- A empresa de investigación de mercado da industria do plástico, AMI, prevé que creza a un ritmo do 5,6% anual ata 2030
- Igualmente, asegura que os usos do plástico reciclado están a diversificarse e a capacidade de absorbelo en aplicacións de maior valor tamén está a aumentar, creando un valor engadido para a industria
Cerceda, a 8 de marzo de 2022.- A nova normativa e os obxectivos para a reciclaxe de plásticos e o uso de material reciclado están a cambiar a forma en que debe operar toda a industria do plástico. Por iso, a reciclaxe mecánica de plásticos converteuse no centro de atención dos investimentos, as adquisicións e a expansión.
A produción de plásticos reciclados en 2021 mediante procesos de reciclaxe mecánica foi de 8,2 millóns de toneladas e, segundo datos da empresa de investigación de mercado da industria do plástico, AMI, prevese que creza a un ritmo do 5,6% anual ata 203., Isto implica que Europa alcanzou unha taxa global de reciclaxe mecánica de plástico do 23,1%, aínda unha porcentaxe afastada do desexable
Para o ano 2030, o informe de AMI prevé unha absorción adicional de material reciclado en aplicacións que ata a data tiñan niveis insignificantes, especialmente en Europa Occidental. Os usos da reciclaxe están a diversificarse e a capacidade de absorbelo en aplicacións de maior valor tamén está a aumentar, creando un valor engadido para a industria.
AMI agarda que a produción comercializada e a escala de rPP e rPS de grao alimentario se produza no prazo do informe, creando novos sistemas de circuíto pechado, como xa se ve para o rPET.
O novo informe de AMI, Mechanical Plastics Recycling 2022, cuantifica o mercado da reciclaxe mecánica, analizando o equilibrio entre a oferta e a demanda, xunto cunha avaliación da produción actual por países.
O documento tamén examina a subministración de materias primas e a cadea de valor dos residuos plásticos. Ofrécese unha revisión detallada das aplicacións de uso final do plástico reciclado, cun exame da posible absorción futura.
Fonte: Residuos Profesional