
- Cada galego de depositou, de media, 17,4 kg de envases de vidro no iglú verde, o equivalente a 60 envases por persoa
- De forma complementaria recuperáronse, nas plantas de tratamento de residuos urbanos da Comunidade, 16.527 toneladas que non foron correctamente separados en orixe
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025.-A recollida selectiva de envases de vidro en Galicia supera as 47.000 toneladas en 2024, segundo o balance anual de Ecovidrio, que é a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe deste tipo de envases en España.
Segundo estes datos, cada galego depositou, de media, 17,4 kg de envases de vidro no iglú verde, o equivalente a 60 envases por persoa.
Por provincias, A Coruña liderou a aportación cidadá á recollida selectiva de vidro, con 17,8 quilogramos por habitante; seguida de Pontevedra (16,1 kg/hab), Ourense (14,8 kg/hab) e Lugo (14,6 kg/hab).
Cómpre salientar o caso do concello de Santiago de Compostela, que coa recollida de 28,3 quilogramos por habitante, se sitúa entre as tres capitais máis recicladoras de España, só por detrás de San Sebastián (37,3 kg/hab) e Pamplona (31 kg/hab).
Esta recollida selectiva é posible grazas á rede de iglús verdes que a cidadanía ten á súa disposición en Galicia, e que na actualidade ascende a18.742 iglús.
Ademais do vidro depositado nestes recipientes pola poboación, recuperáronse, de forma complementaria, nas plantas de tratamento de residuos urbanos da Comunidade, 16.527 toneladas de refugallos de envases deste material que non foron correctamente separados en orixe.
A reciclaxe de envases de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e a descarbonización da nosa economía. Así, durante 2024, grazas á reciclaxe destes residuos, en Galicia aforráronse 45.400 MWh de enerxía e evitouse a emisión de 36.900 toneladas de CO2, así como a extracción de máis de 76.300 toneladas de materias primas.
Fonte: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Imaxe: Ecovidrio