- Así se contempla na Memoria de Sostibilidade de Ecovidrio correspondente ao ano 2019, elaborada conforme ao GRI.
- O permanente compromiso coa recuperación deste material permitiu que a súa reciclaxe se vira incrementada nun 30% durante os últimos 5 anos.
- Un dos obxectivos máis importantes contemplados no novo Plan Estratéxico 2025 deste SIX é lograr unha taxa de reciclado de envases de vidro superior ao 80%, por riba das esixencias europeas.
Cerceda, a 7 de setembro de 2020.- Tal e como se reflicte na Memoria de Sostenibilidade de Ecovidrio correspondente a 2019, e elaborada conforme ao reporte internacional GRI (Global Reporting Initiative), o pasado ano batéronse récords na recollida de envases de vidro ao aumentar un 6,7% respecto de 2018, chegando ás 896.450 toneladas. O permanente compromiso da cidadanía coa recuperación deste material, permitiu que a súa reciclaxe se vira incrementada nun 30% durante os últimos 5 anos.
O Plan de Sostibilidade e Responsabilidade Corporativa deste SIX abarca todas as áreas da organización: estratexia, eixes de actuación, modelo de goberno transparente, obxectivos futuros e informes de resultados.
Durante 2019, Ecovidrio impulsou unha nova estratexia de ecodeseño a través dos Plans Empresariais de Prevención 2020-2022 para colaborar coas compañías envasadoras na produción de envases máis sostibles.
Algunhas das accións fundamentais para conseguir os seus obxectivos foron a xestión directa das operacións de recollida e contenerización no 60% dos municipios do país, a mellora dos volumes de recollida selectiva e a aposta estratéxica co sector hostaleiro, que xera o 52% dos envases de vidro dun só uso.
Outro dos factores a destacar son as case 300 campañas de mobilización, que foron clave para conseguir eses bos resultados.
Grazas ás accións realizadas ao longo deste tempo, Ecovidrio contribuíu a cumprir 6 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):
- Traballo decente e crecemento económico (8)
- Cidades e comunidades sostibles (11)
- Produción e Consumo Sostibles (12)
- Acción polo clima (13)
- Vida e ecosistemas terrestres (15)
- Alianzas para lograr os obxectivos comúns (17)
Un dos seus retos máis importantes é lograr unha taxa de reciclado de envases de vidro superior ao 80% en 2025, por riba das esixencias da Unión Europea, así como avanzar na Axenda 2030 para seguir colaborando na consecución dos ODS.
Fonte e imaxe: Ecovidrio