- Así o decidiu a organización no marco da pandemia do COVID-19, garantindo desta forma a continuidade dun congreso que veu colleitando grandes éxitos e que, unha vez máis, pretende dar conta das últimas novidades vinculadas ao medio ambiente e aos residuos.
- A próxima cita, vía online, terá lugar os días 6 e 7 de outubro baixo o título “Unha mirada ao futuro dos recursos nun mundo complexo”.
- Na mesma analizaranse, da man de expertos do sector e responsables públicos, algunhas das consecuencias económicas e sociais da crise sanitaria que estamos padecendo a fin de coñecer, e tamén comprender, que decisións se están a adoptar e como afectarán ao sector ambiental.
Cerceda, a 29 de xullo de 2020.- Debido á pandemia do COVID-19, o Congreso Recuwaste 2020, cuxa celebración estaba prevista para este outono, faise virtual e posponse para outubro de 2021 no seu formato habitual.
Na edición especial deste ano analizaranse, da man de expertos do sector e responsables públicos, algunhas das consecuencias económicas e sociais da actual crise sanitaria para coñecer, e tamén comprender, que decisións se están a adoptar y como afectarán ao ámbito ambiental.
Os organizadores deste congreso, que veu colleitando grandes éxitos polo seu aforo, calidade, innovación nas temáticas abordadas e un cartel de relatores de alto nivel, consideran que, malia as circunstancias, esta cita debe celebrarse igualmente debido fundamentalmente a que a lexislación en materia de xestión de residuos e recursos segue avanzando de forma rápida, tanto a nivel europeo como local, pero tamén con grandes incertezas, polo que se fai necesario, e recomendable, dar cobertura ás últimas novidades na materia.
Baixo a organización do Consorcio de Residuos do Maresme, contando coa colaboración de distintas entidades públicas e privadas, e co título “Unha mirada ao futuro dos recursos nun mundo complexo”, Recuwaste 2020 terá lugar, vía online, os próximos días 6 e 7 de outubro, cun ambicioso programa no que se incluirán cuestións de máxima actualidade.
ECONOMÍA, SOCIEDADE, RECURSOS E RESIDUOS
O primeiro día terá como marco de referencia a economía e a sociedade, contando para iso coa participación do xefe internacional de La Vanguardia, Ramón Aymerich, quen se encargará de presentar e moderar as dúas sesións que conforman este bloque.
A primeira “O futuro que vén, claves para entender a economía e a sociedade nunha contorna multicrise”, contará coas intervencións de Antón Costas, catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona; e Ismael Quintanilla, filósofo e psicólogo social, e director da Unidade de Investigación de Psicoloxía Económica e do Consumidor (UIPEC) da Universidade de Valencia. E a segunda “O European Green Deal e o Plan de Acción de Economía Circular”, será desgranada por Daniel Calleja, director xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
A xornada do 7 de outubro contempla igualmente dúas sesións, que serán moderadas, respectivamente, por Carles Salesa, director do Consorcio de Residuos do Maresme; e Conxita Vicaria, da Oficina Técnica de Cambio Climático e Sostibilidade da Deputación de Barcelona.
Mentres que a primeira, no que intervirán Ismael Aznar, director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do MITECO, e Josep María Tost, director da Axencia de Residuos de Cantalunya, xirará en torno a “A folla de ruta para unha xestión sostible dos residuos e o cumprimento dos obxectivos europeos, e algunhas leccións aprendidas da crise”, a segunda centrarase, cunha mirada crítica, nos sistemas de control dos contratos de recollida e limpeza viaria.
Ligazón para formalizar inscricións: http://recuwaste.com/?utm_source=emailcampaign750&utm_medium=phpList&utm...