- O Congreso, bautizado co lema “A economía circular dos recursos: anticiparse ao futuro”, celebrarase no Tecnocampus de Mataró (Barcelona) os días 14 e 15 do próximo mes de novembro
- Dous intensos días nutridos con relatorios a cargo de expertos de recoñecido prestixio no sector, mesas redondas e outras actividades nas que se abordarán novidades e cuestións de plena actualidade
- As inscricións continúan abertas https://recuwaste2023.eventscase.com/attendance/event/index/43252/ES?step=ticket_widget
Cerceda, ao 6 de outubro de 2023.- Os días 14 e 15 do próximo mes de novembro, o Tecnocampus de Mataró (Barcelona) acollerá a sétima edición do Congreso internacional Recuwaste, unha cita ineludible para os profesionais da economía circular dos recursos e a xestión sostible dos residuos.
Baixo o lema “A economía circular dos recursos: anticiparse ao futuro”, o Congreso, organizado por Maresme Circular en colaboración con outras entidades tales como a Generalitat de Catalunya e a Diputació de Barcelona, congregará a expertos do sector para dar a coñecer as principais novidades en distintas temáticas tales como a crise de materiais, a enerxía, o téxtil, a industria 4.0, os residuos como recursos, as tecnoloxías de futuro para a descarbonización, experiencias internacionais de prevención e reutilización de residuos, e os instrumentos económicos na xestión de residuos municipais. Neste último caso prestarase especial atención aos novos impostos á vertedura e á incineración recollidos na Lei estatal 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, a responsabilidade ampliada do produtor e o pago por xeración.
A conferencia de apertura correrá a cargo da economista política, ademais de escritora e impulsora do Grupo de Gobernos para unha Economía do Benestar (WEGo), Katherine Trebeck.
Programa adaptado a todos os perfís profesionais
O programa contempla dous intensos días nos que se abordarán cuestións de especial relevancia a cargo de relatores de recoñecido prestixio e cuxas intervencións se complementarán con distintas mesas redondas.
A oferta é tal, que, para os que non poidan estar presentes en todas as actividades, Recuwaste propón distintos itinerarios en función do campo profesional ao que pertenzan os interesados, con recomendacións específicas para aqueles que traballan na administración pública, para os vinculados ao sector do téxtil e para aqueles que buscan reforzar e mellorar os seus coñecementos, ademais de estar ao día das tendencias sobre os recursos.
En todos os casos, o programa culminará cunha visita ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme e as súas instalaciones formativas y divulgativas, entre as que se inclúe unha experiencia inmersiva con lentes de realidade virtual para explorar o presente e futuro da xestión dos residuos (https://maresmecircular.cat/es/consorcio/realidad-virtual-una-nueva-herramienta-de-educacion-medioambiental/).
As inscricións para asistir a Recuwaste permanecen abertas: https://recuwaste2023.eventscase.com/attendance/event/index/43252/ES?step=ticket_widget
Toda a información en https://recuwaste.com/
Saúdos, Departamento de Comunicación