- Ao ter aglutinado baixo unha única entidade administradora a varios sistemas colectivos de xestión de residuos como son as pilas, baterías e RAEE, permitiu optimizar, nun 30%, a xestión destes materiais no noso país
- Así mesmo, este sistema contribuiu a reducir notablemente o tempo necesario para asumir a xestión dos fluxos de residuos derivados de novos mercados, como é o caso dos paneis fotovoltaicos ou baterías de vehículos de mobilidade eléctrica, entre outros.
Cerceda, a 30 de xuño de 2022.- Aglutinar baixo unha única entidade administradora a varios sistemas colectivos de xestión de residuos como son as pilas, baterías e RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), a través das Fundacións Ambientais Ecopilas, Ecofimática e Ecoasimelec, permitiu a Recyclia alcanzar resultados exitosos, optimizando, nun 30%, esta actividade xestora no noso país.
O modelo adoptado, non só permitiu reducir os custos, senón tamén dotar de flexibilidade e capacidade de adaptación aos sistemas existentes ou de nova creación para absorber, segundo as necesidades e tendencias do mercado, novas tipoloxías de refugallos, así como xerar sinerxías na xestión de aparellos electrónicos e pilas.
No caso de Recyclia, este sistema contribuiu a reducir notablemente o tempo necesario para asumir a xestión dos fluxos de residuos derivados de novos mercados, tales coma os paneis fotovoltaicos ou baterías de vehículos de mobilidade eléctrica, entre outros.
A xuízo desta organización, a interlocución fluída coas administracións públicas, a facilidade para compartir coñecementos e o acceso a I+D no ámbito da reciclaxe, así como o aproveitamento dunha capacidade de xestión aplicable a todo tipo de residuos, constitúen elementos crave que este modelo proporciona para dinamizar o sector.
A isto súmase a formación de profesionais e a creación de emprego, primordial nun sector cun peso socioeconómico cada vez máis relevante na economía verde, ou ben o aproveitamento de sinerxias para, por exemplo, a execución de campañas de sensibilización ambiental.
Con esta operativa, Recyclia puido reciclar máis de 323.000 toneladas de residuos de aparellos electrónicos desde 2012 e máis de 45.000 toneladas de pilas e baterías, das que un 58% (26.400 toneladas) son domésticas, situándose España en quinta posición a nivel europeo por volume de xestión deste tipo de materiais.
PREPARADA PARA ASUMIR NOVOS FLUXOS DE RESIDUOS
Tomando como referencia este sistema de xestión, Recyclia creou dinámicas específicas para os novos fluxos de residuos electrónicos e baterías contemplados polas normativas neste período. É o caso dos paneis fotovoltaicos, cuxa reciclaxe é responsabilidade desta entidade desde o ano 2013, tendo xestiondo 1.883 toneladas destes residuos.
Tamén desde 2013 conta cunha operativa para as baterías de vehículos de mobilidade eléctrica (coches, motos, bicicletas e patinetes), un tipo de residuo aínda escaso, pero do que xa xestionou máis de 67.000 quilos.
Por último, en 2018, Recyclia creou Tragatóner/Tragatinta, a primeira iniciativa do noso país para cumprir coa obrigación de reciclar cartuchos de impresión, considerados residuos electrónicos a partir dese ano, tendo reciclado desde entón 974.000 quilos.
ACHEGAR A RECICLAXE AO CIDADÁN
Durante a última década Recyclia desenvolveu, ademais, un intenso labor para achegar a capacidade de reciclar aos cidadáns. Así, no período 2012-2022, despregou unha media anual de 8.800 puntos de recollida para residuos electrónicos e pilas en toda España, dispoñendo actualmente dunha rede conformada por máis de 88.200. Para isto, subscribiu máis de 2.500 convenios con entidades locais e administracións autonómicas e máis de 4.400 coa distribución comercial e outras organizacións públicas ou privadas.
Igualmente, Recyclia intensificou o seu labor de sensibilización mediante a realización de campañas de información propias e en colaboración con outras entidades para difundir os beneficios da reciclaxe.
Fonte e imaxe: Recyclia