- Este modelo permitiulle reciclar, desde o inicio da actividade dos seus sistemas colectivos (Ecoasimelec, Ecofimática e Ecopilas), máis de 448.800 toneladas de residuos de aparellos electrónicos e de pilas e baterías
Cerceda, a 22 de marzo de 2023.- Unha delegación de Recyclia, liderada polo seu conselleiro delegado, José Pérez, expuxo a membros da Comisión de Transición Ecolóxica do Senado a eficacia do seu modelo de xestión de residuos, caracterizado por ser pioneiro na administración de varios sistemas colectivos baixo unha única entidade.
Este modelo permitiulle reciclar máis de 448.800 toneladas de residuos de aparellos electrónicos e de pilas e baterías, desde o inicio da actividade dos seus sistemas colectivos (Ecoasimelec, Ecofimática e Ecopilas).
No transcurso da reunión, a delegación de Recyclia informou aos senadores sobre os proxectos europeos de I+D nos que participa para incorporar novas tecnoloxías, como a Intelixencia Artificial, á cadea de xestión de residuos, así como para mellorar a eficiencia dos procesos de reciclaxe de fluxos con gran perspectiva de crecemento, como é o caso das baterías de vehículos de mobilidade eléctrica.
Así mesmo, fíxoos partícipes das iniciativas que esta organización poñerá en marcha este ano para seguir incrementando a súa rede de puntos recollida, consolidada como a máis estensa do noso país na actualidade, con 88.282 repartidos por toda España.
Por último, os representantes do Senado e Recyclia acordaron analizar a posibilidade de instalar un punto de recollida de pilas usadas nas dependencias da Cámara Alta. Esta iniciativa contribuiría á eficaz xestión de pilas e baterías, así como a sensibilizar e xerar maior concienciación en materia de reciclaxe, tanto entre os representantes territoriais como entre os centos de cidadáns que a visitan cada lexislatura.
Fonte e imaxe: Recyclia