- Xestionou en 2018 un total de 49.757 toneladas de residuos electrónicos e de pilas e baterías, cantidade que representa un novo récord histórico para a entidade.
- Deste total, a meirande parte, é dicir, 43.544 toneladas, corresponderon a residuos electrónicos (un 33% máis que en 2017) e 6.213 a pilas e baterías, duplicando neste último caso o volume xestionado en 2017.
- Para alcanzar estas cifras, o esforzo efectuado por Recyclia resultou clave, toda vez que continuou ampliando a súa rede de recollida ata superar os 55.000 puntos, a máis extensa do noso país.
- Así mesmo, as fundacións de Recyclia aglutinaron a 1.551 fabricantes e importadores de aparellos electrónicos e pilas, o que representa un crecemento do 14,5% respecto de 2017, consolidándoa como a maior entidade do sector no noso país
Cerceda, a 3 de xullo de 2019.- Recyclia, entidade que aglutina ás fundacións medioambientais Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolum e Ecopilas, xestionou en 2018 un total de 49.757 toneladas de residuos electrónicos e de pilas e baterías, cantidades que veñen a representar un incremento do 39%, en relación ao ano anterior, supoñendo un novo récord histórico para a entidade.
Deste total, a meirande parte, é dicir, 43.544 toneladas, corresponderon a residuos electrónicos (un 33% máis que en 2017) e 6.213 a pilas e baterías, duplicando neste último caso o volume xestionado en 2017, con 3.033 toneladas. Neste crecemento xogou un papel fundamental o feito de que a fundación triplique a cantidade de baterías industriais, que representaron o 54,6% do total.
Para alcanzar estas cifras, o esforzo efectuado por Recyclia resultou clave, toda vez que continuou ampliando a súa rede de recollida ata superar os 55.000 puntos, dispoñendo da rede máis extensa do noso país con 37.318 puntos de recollida de pilas (1.780 máis que en 2017) e 21.560 para aparellos electrónicos (2.865 novos).
O ano pasado, as fundacións de Recyclia aglutinaron a 1.551 fabricantes e importadores de aparellos electrónicos e pilas, o que representa un crecemento do 14,5% respecto de 2017, consolidándoa como a maior entidade do sector da xestión de residuos electrónicos e pilas do noso país. De feito, as empresas adheridas xa poñen no mercado un de cada dous aparellos profesionais, dispositivos de informática e telecomunicacións e pequenos electrodomésticos que se comercializan en España.
OUTROS MATERIAIS
Pola súa banda, a fundación Ecofimática reciclou o pasado ano 4.400 toneladas de aparellos ofimáticos e de impresión, das que o 65% procedeu da canle profesional, distribuíndo 291 novos puntos de recollida en 2018. Actualmente, contabilízanse 8.191.
Así mesmo, cabe destacar que o ano pasado púxose en marcha Tragatóner / Tragatinta, a primeira iniciativa do noso país para reciclar os cartuchos de tóner e tinta das impresoras, cuxa xestión é obrigatoria desde agosto de 2018. A través desta rede, Recyclia recolleu 37.510 quilos destes residuos e instalou 824 puntos propios de recollida en establecementos comerciais, grandes empresas, edificios públicos e puntos limpos.
Pola súa banda, Ecoasimelec, a fundación centrada na xestión do resto de tipos de residuos electrónicos (desde teléfonos móbiles, ata escáneres médicos ou paneis fotovoltaicos, coa excepción de lámpadas e luminarias), xestionou 35.877 toneladas en 2018, 10.000 máis que o ano anterior, e Ecolum xestionou 3.235 toneladas de residuos de iluminación (o 89% de tipo profesional), a través dos seus 5.808 puntos de recollida (894 máis que en 2017).
Ademais, nos últimos anos Recyclia desenvolveu operativas específicas para a xestión de panrod solares e baterías de vehículos eléctricos, dous fluxos de residuos aínda escasos, pero cunha gran previsión de crecemento. En concreto, en 2018, a entidade xestionou 51.733 quilos de paneod e 1.766 deste tipo de baterías.
Fonte: Recyclia
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación