- O acto terá lugar de forma virtual o vindeiro xoves, día 17 de decembro, previo rexistro dos interesados a través da páxina web e RRSS desta entidade.
Cerceda, a 14 de decembro de 2020.- Recyclia presenta o vindeiro xoves, día 17 de decembro, o primeiro informe anual sobre tendencias na industria da reciclaxe de RAEE e pilas en España. Un estudo realizado para esta entidade pola consultora AFI e co que se busca contribuír ao coñecemento e posta en valor da actividade de xestión e reciclaxe, clave para a consecución de moitos dos retos aos que debe facer fronte a economía española, algúns deles quizais apremiados polo impacto da pandemia da COVID-19.
Así, os esforzos para a recuperación económica han de permitir á industria da reciclaxe exhibir a súa capacidade de contribución á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e ao avance da Economía Circular, xerando emprego verde, promovendo a innovación e reforzando a competitividade industrial, cunha visión de longo prazo.
A xornada arrincará ás 12:30 horas, cunha benvida e introdución a cargo de Emilio Ontiveros, Presidente de Afi, contando igualmente coas intervencións de José Pérez e Luis Pérez Bermejo, Conselleiro Delegado e Presidente de Recyclia respectivamente.
Este evento realizarsede forma presencial virtual (Streaming en Directo a través de webex).
Cabe recordar que o principal obxectivo de Recyclia é promover a colaboración entre empresas, recicladores, institucións e consumidores para avanzar conxuntamente cara a unha xestión medioambientalmente óptima dos residuos eléctricos e electrónicos (RAEE), que cobraron unha gran importancia durante os últimos anos en todo o mundo, reforzando o concepto de economía circular.
Fonte e imaxe: Recyclia